Etiqueta: Portas Ártabras


O venres 21 de novembro ás 20 horas en Portas Ártabras, terá lugar a presentación na Coruña de "Genocídio na Terra Santa. Testemunho de mais de 40 anos de reportagens no Médio Oriente", o último libro de José Goulão, que a editora Página a Página acaba de publicar. A obra presentarase da man da Fundación Galiza Sempre . "Genocídio na Terra Santa é un relato vivido e rigoroso sobre un dos maiores crimes contra a humanidade cometidos durante os últimos 100 anos. O libro é un documentario histórico [...]

Virxe embarazada cunha man no ventre O xoves 13 de novembro, ás 20:00 horas, Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22 - A Coruña) acollerá unha nova sesión do ciclo "Paganismo e Cristianismo na arte". Nesta ocasión, José Luis García Dornelas, expoñerá que gran parte dos motivos que aparecen nas representacións do Nadal foron obtidos de textos considerados falsos polas autoridades eclesiásticas. Entrada libre ata completar aforamento.

Desde a Agrupación Cultural O Facho  vos comunicamos a celebración  do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do cuarto trimestre de 2025. O vindeiro día 28 de outubro o escritor José-María Monterroso Devesa impartirá unha palestra co título: “APELIDOS GALEGO-PORTUGUESES NO MUNDO” Data: 28 de outubro, martes Hora: ás 8 do serán Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña “Já temos dito que inda morto un idioma, perduraría (tal na toponímia) n [...]

O xoves 23 de outubro ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 - A Coruña) a presentación de "CASTELAO ENTRE NÓS" de Paco López Barxas, un libro de luxo, editado por Teófilo edicións. No acto amais deo autor participarán Siro López e Felipe Senén. Coincidindo co 75 aniversario da morte de Castelao, e a declaración institucional de “Ano Castelao”, o escritor e xornalista ourensán Paco López-Barxas ven de publicar un libro singular e único dentro dun estoxo fermosamente editado por [...]

O xoves 9 de outubro, ás 20:00 horas, Portas Ártabras acollerá unha nova sesión do ciclo "Paganismo e Cristianismo na arte".Nesta ocasión, José Luis García Dornelas, analizará como foron representados distintos personaxes que supostamente estableceron contacto coa divindade ao longo dos séculos: profetas, adivinos, videntes, augures e pitonisas.A charla acompañarase coa proxección dun centenar de obras de pintura e escultura.Entrada libre ata completar aforo. O deus Thot e un admirador - ca. 600 [...]

O venres 3 de outubro, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártbaras (Sinagoga, 22 - A Coruña) a presentación do libro: "O QUE SE VOLVE RAÍZ / LO QUE SE VUELVE RAÍZ" de Eva Veiga. (Editorial Olifante). No acto amais da autora participarán: Xavier Seoane (poeta e escritor) e Bernardo Martínez (músico). O que se volve raíz / Lo que se vuelve raíz (Olifante), con tradución ao español de Teresa Seara e lapela con texto de Pilar Pallarés, é un poemario que devén de escóita atenta e da perplexidade ante u [...]

O xoves 2 de outubro ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras unha conferencia arredor de Castelao (Rianxo 1886 - Bos Aires 1950) "ÉTICA E ESTÉTICA NA VIDA E NA OBRA DE CASTELAO" , a que será pronunciada polo reputado humorista gráfico, caricaturista, ensaista e fondo especialista na obra de Castelao, Siro López. A vida e a obra de Castelao abranguen esa confluencia de ismos e roturas co historicismo romántico, que supón o Modernismo. Filósofo, político, dibuxante, pintor que mostra unha ben af [...]

O xoves 18 de setembro, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a conferencia titulada: "EUROPA, ORIXES DUN CONCEPTO MILENARIO" pronunciada polo profesor de Historia Antiga na Universidade de Oviedo Diego Piay. Trátase de afondar nas fontes arqueolóxicas e nos textos relativos ao concepto territorial, cultural e político de Europa. Súas raiceiras míticas e culturais arrancan da antiga Grecia e o nome, como tantas cousas relativas á civilización occidental, están en Homero... Idea que logo se i [...]

O xoves 11 de setembro, ás 20:00 horas, Portas Ártabras acollerá unha nova sesión do ciclo "Crenzas e relixións na arte".Nesta ocasión, José Luis García Dornelas, analizará como foron representados distintos personaxes que supostamente estableceron contacto coa divindade ao longo dos séculos: profetas, adiviños, videntes, augures e pitonisas.A charla acompañarase coa proxección dun centenar de obras de pintura e escultura.Entrada libre ata completar aforo. Xonás, Daniel e Xeremías (Catedral de O [...]