O xoves 26 de marzo ás 20 horas terá ugar en Portas Ártabras unha conferencia pronunciada polo arqueólogo e profesor de Historia Antiga da Universidade de Oviedo, Diego Piay Augusto, titulada: "GALLAECIA NO OCASO DE ROMA: UNHA PROVINCIA DE INTELECTUAIS" Durante a Antigüidade tardía, diversas fontes escritas mencionan a personaxes destacados vinculados ao territorio da provincia romana de Gallaecia, pertencentes ás elites culturais e políticas do momento. Esta aparente concentración de figuras in [...]
O xoves 18 de setembro, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a conferencia titulada: "EUROPA, ORIXES DUN CONCEPTO MILENARIO" pronunciada polo profesor de Historia Antiga na Universidade de Oviedo Diego Piay. Trátase de afondar nas fontes arqueolóxicas e nos textos relativos ao concepto territorial, cultural e político de Europa. Súas raiceiras míticas e culturais arrancan da antiga Grecia e o nome, como tantas cousas relativas á civilización occidental, están en Homero... Idea que logo se i [...]
O venres 21 de marzo, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras unha moi interesante conferencia arredor dos CELTAS DE BRIGANTIA; REALIDADE OU FANTASÍA, pronunciada polo artista, escritor e investigador especializado no mundo celta, Javier Mareas. Un xeito de adentrarse nunha idea moi deturpada, a de "celtas". Partindo do que entenderon por celtas os historiadores e protoarqueólogos do século XIX e comezos do XX, como tribos que habitaron Europa no primeiro milenio antes de Cristo, difusoras do [...]
O xoves 20 de marzo, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a presentación de A TOPONIMIA DOS CELTAS BRIGANTINOS E DOUTROS POBOS DA GALLAECIA, de Fernando Cabeza Quiles quen será introducido por Felipe - Senén. Libro publicado por Espiaral Maior Edicións. Esta é unha obra de investigación predominantemente filolóxica, que desentraña os arcanos da toponimia máis antiga e escura dos "brigantinos", sen esquecer as pegadas toponímicas deixadas por outros pobos celtas que viviron e laboraron na an [...]
O mércores 19 de marzo, ás 20 horas en Portas Ártabras terá lugar a conferencia / presentación do libro: CIUDAD DE LA SELVA (Historia e arqueoloxía da guerrilla nos montes de Casaio). No acto participarán o arqueólogo Francisco Alonso Toucido (Tempos Arqueólogos SL - Universidade de Vigo) e o editor do libro Paco Macías (Edicións Positivas) …E con esta mochila cargada de preguntas comezamos a camiñar os montes de Casaio na procura da Ciudad de la Selva, como guerrilleiros contemporáneos. O proxe [...]
O xoves 2 de novembro, ás 20 horas en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 - A Coruña), os árqueólogos e especialistas en Historia Antiga, Juan L. Naveiro López e Diego Piay Augusto, presentarán os resultados do libro publicado recentemente, que leva por título: "La huella romana en Catoira. De la arqueología a la Historia" (Andavira, 2023). A obra reconstrúe un período menos coñecido da historia de Catoira, anterior á construción das Torres de Oeste, para o cal se dispón unicamente de fontes arqueolóx [...]