Etiqueta: Dona Emilia


O xoves 22 de outubro, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras unha moi interesante conferencia pronunciada polo historiador e escritor Carlos Méixome arredor da figura de Dona Emilia Pardo Bazán e as Terras do Carballiño. Amais, Carlos aproveitará a ocasión para presentar seu libro "Polo avieiro de Dona Emilia" editado por Galaxia. Avieiro, hidrotopónimo nacido da farturenta creatividade de Emilia Pardo Bazán, fundindo de Avia e Arenteiro, sérvelle ao autor para imaxinar o seu propio e difus [...]