O venres 4 de outubro ás 19:30, en Portas Ártabras (Sinagoga, 22- A Coruña), terá lugar a presentación do libro póstumo de Pechu Naveiras "DORNA ARELANTE NO NEBOEIRO", editado por Medulia. No acto intervirán: Henrique Rabuñal e Alberte Suras e contará coa actuación musical de Miro Casabella.
O xoves 3 de outubro, ás 20 horas terá lugar a conferencia - presentación arredor do libro "A invención da Gallaecia e a minaría do ouro" do xeólogo Oscar Pazos. Segundo din algúns, cada ano a Asturica con Gallaecia e Lusitania producen vinte mil libras, disque a maior parte a Asturica. Ningún lugar do mundo mantén de tantas xeracións atrás tal fertilidade. . Plinio. Historia Natural. O gran ciclo mineiro do ouro galaico-romano amorea unha chea de interrogantes arqueolóxicos, mineiros e xeolóxic [...]
Os xoves 19 e o 26 de setembro, ás 20 horas en Portas Ártabras abrirase a un ciclo sobre OS EXOPLIOS DE ARTE EN TEMPOS DE GUERRA. Documentado recorrido a través de imaxes e terstemuñas que trata de informar e formar sobre este drama, e que, a pesar de tantas malas experiencias acumuladas - véxase o ocurrido na guerra civil de España, co nazismo en Europa, guerras nos balcáns, Siria, Iraq... etc - continúa a ser unha ameaza e proba de que pouco se ten evoluido no sentir humanista fundamentado na [...]
Desde a Agrupación Cultural O`Facho vos comunicamos a celebración do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do terceiro trimestre de 2024. O vindeiro dia 17 de setembro o autor, editor e produtor cultural Manel Cráneo impartirá unha palestra co título: “MÁIS DE 50 ANOS DE BANDA DESEÑADA GALEGA NON É POUCO” Data:17 de setembro, martes Hora: ás 8 do serán Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña O autor falará dalgúns dos fitos esenciais que marcaron a historia [...]
O xoves 12 de setembro, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras unha nova conferencia do enxeñeiro especialista en simboloxía medieval, José Luis García Dornelas, que falará sobre a relación que tiveron os antigos deuses co viño, e da influencia que exerceron sobre o cristianismo.A charla apoiarase na proxección dun centenar de obras de arte.Esta actividade está enmarcada no “Ciclo Cristianismo e Paganismo na arte”.Entrada libre ata completar aforo. Deus hitita representado en unha roca de Iv [...]
O xoves 5 de setembro, ás 20 horas en Portas Ártabras terá lugar a proxección da segunda parte do documental "TRABALLOS E DÍAS DE FRANCISCO LEIRO - O PURGATORIO" arredor dun dos escultores contemporáneos galegos máis internacionais: Francisco Leiro. Contaremos coa presenza de Aser Álvarez, director e productor deste premiado documental. Film do 2016 producido por Arraianos sobre os traballos e os días de Francisco Leiro que non pretende ser unha biografía nin tampouco unha presentación da obra, [...]
O xoves 29 de agosto, ás 20 horas en Portas Ártabras terá lugar a proxección dun documental arredor dun dos escultores contemporáneos galegos máis internacionais: Francisco Leiro. Introducido por Felipe Senén. Este documental sobre os traballos e os días de Francisco Leiro non pretende ser unha biografía nin tampouco unha presentación da obra, senón simplemente mostrar cales son as condicións físicas e mentais do proceso de creación deste escultor na actualidade. É a primeira vez que un equipo d [...]
O xoves 22 de agosto, ás 20 horas en Portas Ártabras terá lugar a proxección dun interesante documental arredor do novo Museo - Galería das Coleccións Reais. A creación da Galería das Coleccións Reais é o proxecto museístico máis importante das últimas décadas en España. A Galería é o escaparate de canto significa Patrimonio Nacional na súa faceta de institución cultural. Exhibe unha selección do prodixioso conxunto de coleccións artísticas reunidas pola Coroa ao longo do últimos cinco séculos e [...]
O xoves 8 de agosto, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras unha interesante conferencia arredor do universo simbólico medieval, pronunciada polo arquiveiro, historiador, pintor, doutor en Historia da Arte, fundamental na creación, actualización e animación do Museo e do Arquivo de Betanzos, presidente da Fundación Luis Monteagudo Alfredo Erias Martínez que falará do CICLO ESCULTÓRICO DE DAVID E BETSABÉ NA CATEDRAL DE SANTIAGO. Representacións artítiscas, catecismo bíblico, simbolos da virtud [...]
O xoves 1 de agosto ás 20 horas, terá lugar unha presentación - conferencia de Jose C. Alonso, na que nos falará das súa última publicación en dous volumes: "ARRASAMIENTO: ALFONSO MOLINA - MONELOS / ALFONSO MOLINA - 4 CAMINOS" A gran liña recta da avenida Alfonso Molina entre Ponte da Pedra e Linares Rivas responde ás ínfulas propias do réxime ditatorial no que viviamos sumidos. A grandilocuencia xustifica o ARRASAMENTO de dúas grandes áreas do termo municipal sen a máis mínima consideración pol [...]