Xeira especial e tradicional no noso colectivo, neste caso con variante, a que se realizará o domingo 13 de setembro. Xornada na que nos adentraremos no Courel, neste caso polo Cebreiro, visitando as súa pallozas, con canto significa punto tan emblemático no camiño de Santiago: o Santuario coas reliquias do milagre eucarístico, a súa singular imaxineria… universo menvolto en lendas… E xa furando na Serra do Courel, entre as Penas de Mediomundi, Pacios, a mina romana de ouro da Toca, a Torre de Carbedo e o Castro Cido … Non deixaremos de entrar nos predios que foron do poeta Novoneyra en Parada, hoxe Fundación onde sempre somos agasallados como vellos amigos… Finalmente pasaremos por Folgoso, a aldea e entorno de Vilamor, Froxán… para retornar pola Pobra do Brollón.
Xeira na que non faltará o xantar enxebre da serra, xunto co viño de Valdeorras…. e de postre torta de castaña e queixo do Cebreiro. Un día pra entrar no espírto, nas tradicións, nas esencias poéticas da serra galega. “Serra, antiga herencia”
Podes anotarte canto antes en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 – A Coruña) ou chamando ao teléfono 981 21 01 01, de luns a venres 19 a 21 horas.
