XOVES 23 DE ABRIL: PRESENTACIÓN DE “ERÓTICA É A ALMA DAS CEREIJAS” DE ADELA FIGUEROA


O xoves 23 de abril ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a presentación do último libro de poesía de Adela Figueroa titulado: “ERÓTICA É A ALMA DAS CEREIJAS”.

Amais da autora participarán no acto: Celsa Sánchez (ilustradora do libro) e o acompañamento musical de Eladio Rodríguez.

Entrada libre ata completar aforamento.

Adela Figueroa Panisse participou na fundación de organizacións como ADEGA, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega e a revista O Ensino, da que foi directora. Foi voceira de Nunca Máis en Lugo, así como presidenta de ADEGA (2005-2010), das Amizades da Eira da Xoana e da Fundación Eira (sita en Ramil, Agolada). Participou nas reunións do Primeiro Acordo Ortográfico da Lingua Portuguesa en Río de Xaneiro de 1986. Foi vogal da Agrupación Cultural O Galo durante os anos de estudante en Compostela (1966-1970). Foi membro da ISSOL (Asociación internacional para a investigación da orixe da vida), participando en varios congresos e colaboradora do Colexio Oficial de Biólogos de Galiza e da Asociación de Ensinantes en Ciencias de Galiza (ENCIGA). Ten traballado para UNICEF no departamento de Educación para o Desenvolvemento.

Así mesmo ten colaborado en diferentes revistas como Cerna ENCIGA, Agália ou Portal Galego da Língua e en xornais como El Progreso, La Voz de Galicia, Xornal.com, Vieiros, A Nosa Terra, Praza Pública, Sermos Galiza e Nós Diario.

É autora de poesía feminista, de compromiso ambiental e social, de amor e erótica. Tamén escribiu obra en prosa, literatura infantil e xuvenil, contos de mulleres, contos populares, de humor; tamén de terror e misterio.

En 2021 publicou As mulheres da Casa da Bouça da roupa estendida, da que di Claudio Rodríguez Fer.
Tamén colaborou en libros de texto de Bioloxía/Xeoloxía de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO e Bacharelato da editorial ECIR