O domingo 11 de outubro realizaremos unha singular xeira de Norte a Sur de Galicia, visitando terras da Limia coa súa contorna da lagoa de Antela e Vilar de Santos, a fin de coñecer A sús experiencias etnográficas expostas en museo… e sobre Verín, Monterrei, castro e poderoso castelo, de onde sairon virreis, misoneiros, santos…. con canto significa na historia, na arqueoloxia ou na etnografía. Será iste un día intenso, axeitado para cando se abre ao outono, cando estas terras ourensáns ofrecen matices especiais. E como sempre non faltará o xantar enxebre.
Queda aberta a inscripción no noso espazo de cultura Portas Ártabras, en horario de 19 a 21, de luns a venres ou ben chamando ao seu tefn.- 981210101. Algo de gran axuda, neste tempo tan de “reservas” e que facilita os encargos previos que conleva tal actividade, a fin de que siga a resultar co agrado que nos caracteriza e merece quen nos acompaña.
