
Desde a Agrupación Cultural O Facho vos comunicamos a celebración do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do cuarto trimestre de 2025.
O vindeiro día 25 de novembro o biólogo e ambientalista Cosme Damián Romay Cousido impartirá unha palestra co título:
“Eucaliptización: Moratoria-trampa, Lumes e Espazos (des)protexidos”
Data: 25 de novembro, martes
Hora: ás 8 do serán
Lugar: Portas Ártabras – Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella – A Coruña
Cosme D. Romay Cousido (O Grove, 1981) é licenciado en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente é alumno de doutoramento no programa de Ciencia e Tecnoloxía Ambiental pola Universidade da Coruña, cun proxecto de tese sobre conservación das aves de Galiza. É autor de decenas de artigos sobre aves e outros campos da historia natural, así como de varios libros de aves. É membro do Grupo Naturalista Hábitat desde hai década e media, traballando actualmente nesta ONG declarada de utilidade pública. Unha das súas preocupacións desde mozo é a crecente presenza de especies exóticas invasoras no medio natural, incluíndo dentro destas aos eucaliptos.A conferencia de Cosme Damián versa precisamente sobre a eucaliptización en Galiza, abordando, entre outros aspectos, a expansión espazo-temporal das masas destas árbores exóticas (en especial na Rede Galega de Espazos Protexidos), as moratorias-trampa ás novas plantacións decretadas desde 2021 e a relación dos lumes con estas especies.
A.C. O Facho
