O xoves 8 de maio, ás 20 horas, Portas Ártabras acollerá unha nova conferencia de José Luis García Dornelas, enxeñeiro especialista en iconografía medieval. Nesta ocasión, Dornelas explorará a visión bíblica da decadencia e o fanatismo do antigo Israel durante o milenio anterior ao nacemento de Cristo, e de como esta conduta reflectiuse na arte.
A charla acompañarase coa proxección dun centenar de obras de pintura e escultura.
Entrada libre ata completar aforo.
