XOVES 1 DE XUÑO: CONFERENCIA DE ANA ROMERO MASIÁ ARREDOR DAS CIGARREIRAS CORUÑESAS DA FÁBRICA DA PALLOZA


O xoves 1 de xuño ás 20 horas, no espazo cultural Portas Ártabras terá lugar a conferencia da historiadora, profesora e directora do Instituto Cornide, Ana Romero Masiá que nos falará arredor das “CIGARREIRAS CORUÑESAS DA FÁBRICA DA PALLOZA

Describir e analizar o papel que desempeñou este colectivo de traballadoras no desenvolvemento económico e social da cidade, destacando a evolución do seu traballo e a capacidade de adaptación aos cambios tecnolóxicos producidos no mundo do tabaco, así como a significación da Palloza na organización sindical das cigarreiras e dos tabaqueiros das fábricas de tabaco da península.