PREMIO PEDRA DO DESTINO 2023 PARA SIRO LÓPEZ


O pasado 18 de maio e con motivo do Día Internacional dos Museos, o noso colectivo conmemorou esta xornada cun acto que tivo lugar en Portas Ártabras, salón que se mostraba repleto de público. Felipe-Senén abriu o acto incidindo sobre o interese da museoloxía e dos museos como complementos necesarios da educación e indicativos da cultura dun pobo. Mostrou a súa preocupación por interesantes centros museísticos que un día se abriron na Coruña, tal como o Museo Eléctrico Unión Fenosa o mesmo o Museo de Arte Contemporanea desta mesma empresa para hoxe, poucas décadas despois da súa creación desaparecer. Referiuse a importantes coleccións dignas de musealizarse, tal como a de Radio Nacional de España, ou a formada pacentemente por xubilados de telefónica, entre outras. Lamentou profundamente o estado da cuestión que afecta ao peche e deterioro do Museo de Arte Contemporanea Carlos Maside de O Castro de Sada, creado polo Laboratorio de Formas de Galicia e vinculado ao proceso arte-industria posto en practica dende as industrias de O Castro e Sargadelos. Institución esta modélica que albergsa ademais significativas obras de Castelao declaradas Ben de Interese Cultural.

De seguida, Felipe-Senén, acompañado dos membros da directiva deu a coñocer o Premio Pedra do Destino 2023 que este ano o colectivo decidiu entregar ao humorista gráfico e ensaista “Siro”. Con tal motivo o profesor, crítico e avogado Luis Pérez fixo unha semblanza de Siro López, como referente na cultura galega do noso tempo, dos mellores coñecedores da obra de Castelao, un dos ideólogos do Museo do Humor de Fene. Siro contestou agradecido a este agasallo e que neste ano consistiu na edición dun libro da autoría do mesmo, titulado “A Puta Morte“, páxinas que son unha reflexión realizada dende dende a sensibilidade galega arredor da morte e ás que suma entrevistas a persoeiros da cultura, da política, da industria que el coñeceu en vida. Libro co que se obsequiou a todos os asistentes. Con este acto Amigos dos Museos de Galicia incide novamente na necesidade de potenciación dos museos e da ciencia museolóxica, fancendo estes centros máis de actores que de meros espectadores.