XOVES 27 DE ABRIL, PRESENTACIÓN DO LIBRO: TESOURO ESPELEOLÓXICO GALEGO


O xoves 27 de abril ás 20:00 horas no espazo Portas Ártabras (Rúa Sinagoga 22 baixo) terá lugar a presentación do libro ‘Tesouro espeleolóxico galego’ (aCentral Folque, 2022), en modo café
científico-literario, coa poeta Alba Cid e Xavier Groba (Clube Espeleolóxico Maúxo).

Poesía e ciencia danse a man nesta singular proposta concibida a modo de café científico-
literario e fano cunha das novas voces da poesía galega, cun universo propio e cativador Alba Cid, e co secretário dun dos Clubes espeleolóxicos máis reputados e experimentados dentro do
panorama galego, Xavier Groba. Este encontro permitirá dun xeito ameno un diálogo entre a
cultura espeleolóxica e a creación literaria para ofrecer, dunha maneira fermosa, natural e libre
unhas sesións sensoriais que introduzan as persoas asistentes no profundo do imaxinario
creativo das covas galegas.
“Tesouro Espeleolóxico Galego” é unha enciclopédica e novidosa achega ilustrada acerca de
medio milleiro de cavidades naturais e artificiais con información de proveito para calquera
persoa interesada na natureza, xeoloxía, xeografía, arqueoloxía, historia, etnografía, literatura
e, por suposto, nos alicerces do que son, aínda hoxe, os ignorados precedentes da actual
espeleoloxía galega. Un proxecto de longo alcance, xestado durante 30 anos polo Clube
Espeleolóxico Maúxo
, editado agora nun fermoso e coidado volume de 544 páxinas, con máis
de 1200 referencias documentais (textos e imaxes) de interese espeleolóxico galego.
O acto aberto ao público até completar aforo.

Untitled design – 1