SÁBADO 18 DE MARZO: VISITA AO MUSEO DE BELAS ARTES DA CORUÑA


O sábado 18 de marzo, ás 16:00 realizaremos unha visita especial e xeral ao Museo de Belas Artes da Coruña, guiada por Felipe-Senén. Aqueles que desexen participar conviria que se anotasen previamente chamando ao tfn. 630930298 ou ben estando na porta do Museo, ás 16 horas, ate completar aforo, 30 persoas.

Nesta visita analizarase a historia do centro, o plan museográfico, asi como as característias de continente e contidos entre outros aspectos museolóxicos.

Punto de encontro: Pórtico de entrada ao Museo , 16 hras.

En vindeiras datas anunciaremos unha visita a este mesmo centro, neste caso a fin de coñecer a exposición dedicada a Picasso, abondando en aspectos relativos á súa estancia e aprendizaxe na Coruña , dende os 9 aos 13 anos (1891-1895).