2 DE ABRIL DOMINGO DE RAMOS: XEIRA POLAS RIBEIRAS DO MAR DE VIGO, DENDE BUEU A PANXÓN


De desealo podes inscribirte, dende agora mesmo para participar nesta xeira intensamente cultural na que recorreremos a península do Morrazo, con especial atención a Bueu, ao seu Museo do Mar e a presencia de Urbano Lugrís como autor da insólita Capela dos Magos… continuaremos entre arqueoloxías, historias e enigmas mariños de Udra, Aldán, Hío, Rande … para seguir ate Panxón e a Baiona mariñeira e rematar en Vigo, coñecendo a exposición sobre Laxeiro e @s creador@s do seu tempo… Itinerario no que lembraremos ao poeta do Mar de Vigo, Martín Codax (sec. XIV), a quen se lle dedica o 1 de Abril “Día das Artes Galegas”·

Anótate en Portas Ártabras ou chamando ao 981 210 101 – 630 930 298