MÉRCORES 30 DE NOVEMBRO: CONFERENCIA DE MIGUEL ANXO FERNÁN VELLO “MARÍA CASARES, CORUÑESA, GALEGA E UNIVERSAL”


mércores 30 de novembro, ás 20 horas en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 – A Coruña) terá lugar a conferencia do escritor Miguel Anxo Fernán Vello titulada:“MARÍA CASARES, CORUÑESA, GALEGA E UNIVERSAL”

Maria Victoria Casares Pérez , “Vitoliña” como lle chamaban os seus máis achegados, naceu na Coruña no 1922, filla de Gloria Pérez e de Santiago Casares Quiroga, Presidente do Goberno de España na II República. Familia que viviu unha intensa vida marcada fondamente pola guerra civil, por unha dictadura que lle expropiou todos os seus bens, obrigándoa ao exilio en Francia onde trunfa e se celebra como gran actriz.

Na súa casa en París ou na de Campo, “La Vergne” en Alloue, Confolens (na que rememoraba, con morriña, a súa terra de orixe), recibía aos vellos amigos de Galicia e incluso aos máis novos, entre eles, recibiu e convidou na súa residencia parisina de Monparnasse ao poeta Miguel Anxo Fernán Vello, co que trabou unha fonda amizade e a quen, co seu característico acento galego, confesou as forzas que a imposilitaban retornar a unha terra, onde nada tiña máis que a querencia e que, sentimos, estaba e sigue estando en débeda cos seus e con ela.