SÁBADO 12 DE NOVEMBRO: ENTREGA PREMIO PEDRA DO DESTINO 2022 A CARLOS VALLE NA FUNDACIÓN CUÑA – CASASBELLAS (PONTEVEDRA)


Ás 19 horas na Fundación Cuña – Casasbellas (Rúa Xerardo Álvarez. Limeses, 12, PONTEVEDRA) unha representación de Amigos dos Museos de Galicia entregará ao historiador da arte e museólogo Carlos Valle, o Premio Pedra do Destino 2022, concedido pola súa traxectoria profesional ao frente do Museo de Pontevedra, institución referente pola súa actividade e compromiso coa cultura galega e con canto implica un museo na: recuperación de obra significativa, estudo, conservación, documentación, exposición, divulgación… Premio que consiste na edición dun libro do galardoado sobre a OBRA DE CASTELAO NO MUSEO DE PONTEVEDRA, que se entregará aos asistentes, así como dun diploma especial deseñado polo artista pontevedrés e benfeitor de devandito museo que foi Xosé Sesto López.