LUNS E XOVES ACTIVIDADES DA “NOVA NORMALIDADE”: LUNS 6, VISITA VIRTUAL AOS MUSEOS DE DALÍ / XOVES 9: XURXO LOBATO E “GALICIA É UNHA FESTA”


Luns e xoves de xullo retomamos as actividades  en "Portas Ártabras", as que incluso abrirán a outras , como visitas que iremos anunciando.  Sempre en función da evolución da pandemia, das medidas preventivas oficiais, persoais e as que o propio colectivo toma, entendendo que a saúde é o prioritario.

Atendendo a estas circunstancias as conferencias no noso espazo de cultura serán para 25 persoas (e con mascarilla). Eventos que  serán grabados en video para posteriormente colgalos e compartilos na nosa páxina.

LUNS 6, 20 HORAS EN "PORTAS ÁRTABRAS":  VISITA VIRTUAL AO MUSEO DALÍ DE FIGUERAS, GUIADO POR FELIPE-SENÉN

Introducción a un modelo de actividade que nos mete no continente e no contido deste  singular centro, como poucos creado en vida polo propio xenio e máximo representante do subrrealismo, Salvador Dalí.

XOVES 9, 20 HORAS EN "PORTAS ÁRTABRAS": XURSO LOBATO E "GALICIA É UNHA FESTA"

O historiador e fotógrafo Xurxo Lobato, acompañado de sorprendentes imaxes da súa autoría realizarará un paseo polo mapa de Galicia e a través do almanaque festivo, adentrándonos en romarías, festas patronais, gastronómicas, históricas, ritos, mitos, traxes, danzas e todo ise patrimonio inmaterial que pon a proba tanto a riqueza, a variedade como o estado da cuestión de parte tan importante da cultura e da indentidade galega. Asuntos que recolle no seu último libro titulado "Galicia é unha festa"  que  ademáis  se  complementa con textos explicativos da autoría de  Felipe-Senén e fichas de Omayra Lista.