"Portas Ártabras , como en anos pasados. Falando do pasado, do presente e do futuro da institución do MUSEO. Aínda que podemos seguir a facelo, dalgún xeito, pode ser a través das pantallas, das tecnoloxías dixitais, premento en calquera desas páxinas, fáciles de atopar en internet, elaboradas con saber e agarimo polos profesionais dos mesmos museos. Mensaxes que, nun tour virtual nos seducen e nos transportan ao real, paseando entre antigas ou novas e espectaculares arquitecturas, achegándonos mesmo á alma dos artefactos e aos seus autores: pinturas, eculturas, restos arqueolóxicos…. Tecnoloxías que tanto poñen de relevo a capacidade creadora do ser humano, como que todo, dende sempre, está en proceso de cambio e cun obxectivo primordial que agora valormos máis que nunca: a liberdade, a comunicación, o entendemento e a paz.