Ás 20 horas en "Portas Ártabras" o comprometido doutor e médico de familia P
ablo Vaamonde introducirá ao seu último libro, publicado pòr Medulia, co suxerente título de "Pavillón de repouso". Trátase dunha escolma de textos interaccionando cuestións sociais, as alarmas na sanidade, o medo, o estado da cuestión social. Obra contruída con amena cantería literaria, feita coa finalidade de servir a quen se pon a enxergala: experiencias dunha vida no ámbito da medicina familiar e comunitaria, na atención primaria, lembranzas do que se perde nas sombras, libros e mestres recomendados e sempre un escenario e os seus autores, Galicia.