COMUNICADO SOBRE VIAXES 2020


Varios asociad@s estannos facendo chegar ideas sobre futuros viaxes, os que incluir no programa anual 2020. Algo que extendemos a aquelas persoas, asociadas ou non que desexen acompañarnos nunha desas expedicións que propoñen. Como saben tratamos de facer algo diferente a outros programas de ofertas, onde primen os aspectos da cultura e unha visión integral, que entre polos sentidos: Historia, Arte, Etnografía, lugares  con encanto e mesmo a contemporaneidade. Xa temos algunhas propostas, comio unha antolóxica de Rúsia e mesmo outra de Vietnan e Camboya…itinerarios xa temos en estudo, en contraste con outros programas experimentados. Tendo en conta tamén que poida ser asequible en relación coa intensidade, calidade, precio, etc…

Saben que boa parte do éxito está en reservar con antelación o que se quere e con  esa desexable particularidade que desexamos nos faga diferentes ( guias, visitas, hoteis, etc) e que, pola contra, son determinacións que retardamos en tomar. Si ben o colectivo e mesmo os nosos axentes preveen estes aspectosá hora de conformar o grupo. Asunto que cada día pon máis dificil a organización dentro das espectativas que queremos.

Así que actua como un verdadeir@ amig@, danos as túas ideas e súmate a resolver aspectos con ese tempo que tanto nos beneficia. Adiante.