O NOVO MUSEO ETNOGRÁFICO MONTE CAXADO DE AS PONTES


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O Museo Etnográfico Monte Caxado das Pontes reabriu as súas portas o sábado 30 de marzo de 2019. Tras case 30 anos nas instalacións do CPI Monte Caxado, agora unha fundación presidida polo exmaestro José María López Ferro, trasladou parte do material a unha vivenda rehabilitado no barrio da Vila.

Un recurso que de seguro será unha fonte de inspiración e dinamización para o presente e o futuro de As Pontes.

Localización: Praza da Igrexa da Vila de #AsPontes

Visitable de martes a venres en horario de 18h a 19h30 e fin de semana en horario de mañá


Nas seguintes liñas vouvos explicar como xurde o museo e a Fundación que o xestiona. No curso escolar 1984/1985 plantexo no claustro do C.P. “Monte Caxado” de As Pontes de García Rodríguez a idea da creación dun museo etnográfico nos corredores do centro. A idea foi aceptada e fíxenme responsable de levala adiante. Ao longo de trinta anos que estiven de mestre no centro, alternei o ensino co traballo do Museo, sempre (e hai que dicilo, alto e claro) coa colaboración dos distintos equipos directivos, profesorado, alumnado, persoal non docente, nais e pais, veciños e visitantes que sempre impulsaron a idea e colaboraron comigo. Dende aquí o meu agradecemento.

Chegada a hora da miña xubilación, e para dar continuidade a un traballo de tres décadas decidín facer unha Fundación, así naceu a FUNDACIÓN MUSEO ETNOGRÁFICO “MONTE CAXADO”, conservando o nome do centro no que nacera o museo e se criara. Unha Fundación que foi clasificada na orden de 21 de setembro de 2015 de interés cultural (DOG. 192, mércores 7 de outubro) e de interese galego (DOG. 213, luns 9 de novembro de 2015).

A Fundación ten por obxecto continuar co traballo do museo e xestionalo. Un museo que recolle o patrimonio etnográfico de Galicia e máis concretamente da comarca do Eume, especialmente do concello de As Pontes de García Rodríguez. Coa finalidade de poñer en valor as preto de catro mil pezas que garda o Museo Etnográfico, tratando de dalas a coñecer ao público en xeral, xa que compoñen unha clara mostra do noso pasado máis inmediato como pobo, aínda que hai pezas doutros concellos veciños, doutras provincias galegas e algunha doutra comunidade. Ao mesmo tempo, a Fundación investigará os aspectos etnográficos propios da zona e, posteriormente, daranse a coñecer os resultados, a través de publicacións en distintos formatos e soportes.

José María López Ferro Patrono Presidente – Fundación Museo Etnográfico Monte Caxado.