MÉRCORES 27 DE MARZO TEATRO EN PORTAS ÁRTABRAS: CASAHAMLET PRESENTA ” O NEGRO DAS VIUVAS”


O mércores 27 de marzo ás 20 horas en Portas Ártabras, os alumnos do Estudio de teatro Casahamlet representan o espectáculo o NEGRO DAS VIÚVAS un traballo colectivo que xurdiu nas aulas do Estudio despois de analizar diversos textos dramáticos de distintos e heteroxéneos autores.

Harol Pinter, Álvaro Cunqueiro, W. Shakespere, M. Lourenzo e Sara Kane foron os dramaturgos elixidos e estudiados  para, despois dun traballo de creación colectiva baixo a dirección e supervisión do seu director Santiago Fernández, mostrar neste espectáculo como escritores dramáticos tan diversos amosan un abano de emocións e perfiles que se repiten ao longo dos anos.

O espectáculo ten unha duración de setenta  e cinco minutos e pode ser visto por público maior de 12 anos.

Entrada libre ate completar aforamento.