DOMINGO 25 DE FEBREIRO: VISITA A OURENSE E … AOS SUEVOS


Un día dedicado á Cidade de Ourense, a que , en tempos suevos  (Sc. V e VI) recibiu a Martiño de Dume  e con el ás reliquias de Martiño de Tours, fitos importantes na cristianización dos confíns de occidente. Tratase dunha xeira visitando a exposición IN TEMPORE SUEBORUM, guiados por especiualistas arqueólogos, mestres tamén na didáctica. Día que non queda unicamente nas salas expositivas, senón que se dedica tamén a espazos insólitos da cidade, da súa catedral, dos castros dos arredores e do seu ribeiro do Miño. O xantar será o propio deste tempo primaveral e non especialmente de coresma… Non faltes, aprenderás, divertiraste e quedarás prendido coa aura afiadora de "Auria".