MOSTRA DUNHA SELECCIÓN DE PINTURA DE MARIBEL VALDIVIESO


Nas paredes de Portas Ártabras recóllese neste mes a selección dunha ducia de cadros da autoría da nosa activa e creativa asociada, Maribel Valdivieso. Obra alegre, interpretación poética e mesmo musical, pentagrama de paisaxes e de naturezas mortas que tentan petar na sensibilidade do espectador. Chamada positiva, optimista, nun mundo cargado de negatividade.