O xoves 19 de febreiro ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a presentación de "DISCURSO DA SERVIDUME VOLUNTARIA" de Étienne de La Boétie, traducido ao galego por Claudio López Garrido, quen nos acompañará este día. Libro editado por Laiovento. Entrada libre ata completar aforamento. Num tempo em que a liberdade se dissolve entre o consumo, a apatia e a despolitizaçom, este livro recupera umha pergunta incómoda formulada no século XVI por Étienne de La Boétie: por que é que os povos obe [...]
Está aberta a inscripción para a primeira xeira deste ano 2026, que será o domingo de Entroido, 15 de febreiro. Xeira da aventura na que os asistentes, sorpresa tras sorpresa e durante toda a xornada, farán un recorrido por algúns dos entroidos máis significativos de Galicia. Tampouco faltará o xantar enxebre en lugar característico. Todo o que si terá relación con esta festa primaveral, analizando ademais o almanaque festivo deste tempo, as variedades de máscaras e rivalidades pa [...]
O xoves 16 de outubro, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a proxección dun audiovisual arredor da figuara de Diego de Velázquez, pintor barroco español considerado un dos máximos expoñentes da pintura española e mestre da pintura universal. Nado en Sevilla o 6 de xuño de 1599 e finado en Madrid o 6 de agosto de 1660, xeralmente referido como Diego Velázquez, foi un pintor español, o principal artista da corte de Filipe IV de España e do século de Ouro español, e un dos máis grandes pinto [...]
O xoves 7 de novembro, ás 12:00 noso colectivo ten programamda unha visita a exposción: "60 ANOS DO INSTITUTO CORNIDE. PENSAMENTO DE CIDADE" , guiada pola directora do mesma Instituto, a profesora Ana Romero Masiá. É unha actividade de balde e libre, pero compre anotarse en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 – A Coruña) ou chamando ao teléfono 981 21 01 01, de luns a venres 19 a 21 horas. Tomando como fío condutor a historia e actividade do Instituto Cornide desde a súa fundación en 1964, en plena di [...]
O mércores 6 de novembro ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a presentación do último poemario de Ramona Giráldez Domínguez: "A COHESIÓN DA AUGA". O acto contará coa participación de: César Morán (Músico), Mercedes Espiño (presentadora) e mais a autora Ramona Giráldez (poeta).
Desde a Agrupación Cultural O Facho vos comunicamos a celebración do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do cuarto trimestre de 2024. O vindeiro dia 15 de outubro se proxectará un audiovisual co título: “ALTRI: A SEDE INSOSTIBLE” Data:15 de outubro, martes Hora: ás 8 do serán Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña O audiovisual, de Xarda e O Salto Galiza, foi realizado por Elena Martín e Pablo Santiago e contou c [...]
Xa está aberta a inscripción para participar nesta xeira programada para o domingo 28 de xullo que nos levará ás terras do Minho portugués. Monçao, Melgaço e o Santuario da Peneda no mítico monte Leboreiro. Parte do Minho Portugués, arraiano con Galiza, cargado de lendas, mitos, arqueoloxía e historia en relación con Galicia. Xeira esencial neste programa que nos leva a coñecer de xeito integral o Noroeste de Iberia. Como nos caracteriza non faltará o xantar enxebre, neste caso nas frescas terra [...]
O xoves 4 de xullo,, ás 20 horas en Portas Ártabras, continuamos co ciclo arredor do Graal, coa proxección dun interesante documental : "Na Procura do Santo Graal". En Galicia existen lendas arredor do Graal, como a do Cebreiro... mesmo os antigos armoriais deste vello reino identifícanno cun calíz, entendido como a cristianización dunha antiga cunca céltica....Tema da cunca sacra do Graal, tamén na que Xosé de Arimatrea recolle o sangue de Cristo, incrementado con aportes míticos do medievo, ar [...]
O xoves 8 de xuño, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras unha nova conferencia do enxeñeiro especialista en simboloxía medieval, José Luis García Dornelas, titulada: "LOS ÁNGELES Y LAS MALAS TRADUCCIONES". Santóns e visionarios de todos os tempos e culturas deseñaron as características das divindades que lles rexían e o séquito que as acompañaba. E para facelo idealizaron e magnificaron aos reis e servintes que coñecían ou dos que tiñan noticias. A Biblia e as súas malas traducións completa [...]
O xoves 23 de marzo ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a conferencia - presentación de "FÁBRICA DE TABACOS DE A CORUÑA: HUMO SOBRE LAS AGUAS" por José Carlos Alonso Sánchez. Aínda que poidan parecer contraditorios o tabaco e a humidade, o certo é que boa parte da Fábrica de Tabacos da Coruña edifícase ben sobre as augas salgadas da baía coruñesa, ben sobre as salobres da marisma do río Monelos. Isto é o que documenta o libro recompilando o proceso construtivo de distintas fontes. Este lib [...]