O sábado 5 de agosto, ás 16:30 terá lugar a visita guiada e con degustación ao MEGA (Museo da Estrella de Galicia) que este colectivo de Amigos dos Museos de Galicia tiña axendada con antelación. Lembramos o interese deste novo centro vencellado á familia Rivera, así como a significación histórica e cultural da cervexa, da que xa o xeografo grego Estabón, nos anos do cambio de era, comentaba que era bebida enxebre (zythos) dos celtas galaicos... Ao cabo do tempo base dunha industria que caracter [...]
Se queres coñecer Galicia ben non deixes de vir a esta xeira a terras ourensáns. Un día intenso que nos levará por lugares insólitos dende o Carballiño ao Ribeiro de Leiro, esto é do Avia, de Beade a Berán, subindo á fermosa igrexa románica de San Tomé de Serantes, ás sorprendentes paisaxes de Pena Corneira... sitios dunha intensa Historia, tamén recorridos por Grahan Green. Seguiremos por Avión, terra de "mexicanos" con grandiosas mansións, o castro de San Vicente... para seguir por Terra de Mo [...]
Con saída ás 16 horas do Obelisco (recollida única) realizaremos a xa anunciada xeira para visitar o Pazo de San Lourenzo (Compostela). Por todo o cal aínda podes anotarte e participar nesta visita, chamando ao 981210101 ou ao 630930298, de luns a venres de 19 a 21 horas. A elección deste día ven dado en función da dispoñibilidade dos propietarios para mostrarnos tan importante e singular predio. O pazo de San Lourenzo érguese na fermosa e antiga carballeira compostelá de San Lourenzo, baixo do [...]
Xa está aberta a inscripción para participar nesta xeira que nos levará a Cedeira para seguir ás Terras de Ortegal e Bares. Como sempre e partindo ás nove da mañán da Coruña dirixirémonos por Valdoviño e Vilarrube a Cedeira, lugares cargados de historia e tradicións mariñeiras, camiños de peregrinación que conducen ao enigmático santuario de San Andrés de Teixido, un punto clave na etnografía de Galicia. Sitios, historias, tradicións que merecen coñecerse dende a nosa óptica como a cristianizaci [...]
Está aberto o prazo de inscripción para esta nova excursión cultural, que o sábado 10 de xuño nos levará ÁS MÉDULAS e ao seu entorno arqueolóxico. Amplo itinerario de ida e volta seguindo o Sil ao seu paso polo Monterfurado e polas terras de Valdeorras e mesmo pola Cabreira, para redondealo polo Bierzo de Vilafranca. Viaxe onde se fai imprescindible coñecer, contar e ver espazos que tiveron como protagonistas, hai dous mil anos, a miles de esclavos e como o cristianismo propagaba unha nova relix [...]
Neste primaveral sábado e partindo da Coruña, como é costume, ás 9 horas, dirixirémonos a Lugo, facendo tamén un recorrido polo seu contorno cunha completa visita á cidade fundada hai máis de dous mil anos. Insistiremos nas súas orixes romanas, dende o insólito ninfeo romano de Santa Eulalia de Bóveda ás murallas, respasando os vestixios arqueolóxicos, museos e centros culturais modélicos nunha cidade que aposta pola rehabilitación e revitalización do seu patrimonio cultural como marca de identi [...]
A un tempo que abrimos a inscripción á xeira do sábado 29 de abril a Terras da Ulla, tamén o facemos coa que terá lugar unha semana despois e xa abrindo Maio, neste caso á Costa da Morte: dende Malpica, por Laxe, Camariñas a Muxia... a Fisterra, adentrándonos nos puntos máis descoñecidos e misteriosos destre extremo occidental do Vello Mundo, as Fisterras galegas. Dende as 9 da mañán aproveitaremos ben 13 horas de xeira por toda a beiramar, coñecendo arqueoloxías, devocións, mitos, lendas de ave [...]
Está aberta a inscripción a esta xeira especial a unha bisbarra singular, caracterizada pola súa forte historia cultural: a Ulla. Recorrido de forte significación arqueolóxica, asociada ao Pico Sacro como ao misterioso lugar de San Xoán da Cova, tan coñecidos pola familia Murguía Castro, descritos a lo longo de la historia por eruditos como López Ferreiro, Marcial de Valladares, Xesús Carballo, Manuel García Barros, Neira Vilas, os Castroviejo... Como cantado por Juan Pardo. Autores dos que cpñe [...]
De desealo podes inscribirte, dende agora mesmo para participar nesta xeira intensamente cultural na que recorreremos a península do Morrazo, con especial atención a Bueu, ao seu Museo do Mar e a presencia de Urbano Lugrís como autor da insólita Capela dos Magos... continuaremos entre arqueoloxías, historias e enigmas mariños de Udra, Aldán, Hío, Rande ... para seguir ate Panxón e a Baiona mariñeira e rematar en Vigo, coñecendo a exposición sobre Laxeiro e @s creador@s do seu tempo... Itinerario [...]
O sábado 18 de marzo, ás 16:00 realizaremos unha visita especial e xeral ao Museo de Belas Artes da Coruña, guiada por Felipe-Senén. Aqueles que desexen participar conviria que se anotasen previamente chamando ao tfn. 630930298 ou ben estando na porta do Museo, ás 16 horas, ate completar aforo, 30 persoas. Nesta visita analizarase a historia do centro, o plan museográfico, asi como as característias de continente e contidos entre outros aspectos museolóxicos. Punto de encontro: Pórtico de entrad [...]