Categoría: Proxeccións


O vindeiro venres 27 de maio, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 - A Coruña) á presentación do libro de Eugenio Castro, "MADRID REDIVIVA. DESEO DE CIUDAD", publicado por "Pepitas de calabaza" na colección "Biblioteca del Llar". A introdución correrá a cargo do poeta Xoán Abeleira e a poeta Isabel Gómez Rodríguez. Proxectarase o documental poético "CIUDAD DEL EXTRAVÍO" (11’ 25’’). Trátase dunha visión poética, elemental, da Coruña. A curtametraxe foi realizada polo autor do [...]

O xoves 14 de outubro, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras a proxección do documental "As miradas de Isaac" comentado pola Historiadora da Arte, Iria Friné Rivera. Peza audiovisual de creación, dirixida pola fotógrafa e xornalista cultural Cecilia Díaz Betz en colaboración co realizador Jordi Cussó. Un documental creado a partir de materiais de arquivo, na que se propón un encontro con Isaac, sendo el mesmo quen nos relata en primeira persoa a súa vida e obra. Unha forma ra [...]

O xoves 10 de xuño, ás 8  horas do serán no noso espazo de cultura, “Portas Ártabras” presentarase o documental O CAMIÑO DOS ARRIEIROS, UN CAMIÑO ENTRE MAMOAS, dirixido por Cultureume e no que se recollen testemuñas, aspectos arqueolóxicos e etnográficos desta antiga senda, a que, dende as Pontes de García Rodriguez leva a Estaca de Bares, pasando ademais polos concellos de Ortigueira e Grañas do Sor. Camiño que atravesa a serra da Faladoira, entre mámoas que ademais serven de fito orientativo, [...]

APRAZAMENTO ACTIVIDADES DE AMIGOS DOS MUSEOS DE GALICIA Por mor da situación creada polo COVI-19, Amigos dos Museos de Galicia lamenta tomar a determinación de aprazar tanto as xeiras previstas como as actividades en Portas Ártabras para os próximos 15 días. Aconsellando seguir a normativa oficial ante esta situación. Polo demáis e para calquera consulta seguimos estando en contacto cos asociad@s no noso correo ou tel [...]

Ás 20 horas en Portas Ártabras proxectarase o documental de Xabier Bermudez, realizado por Xamalú filmes en colaboración con TVG, 2018. Premiada reflexión sobre o mundo do cine, acto no que participará o seu director. É moi difícil medir a importancia social que ten o fútbol hoxe en día, pero podemos aseverar que este é, sen dúbida, o espectáculo que goza dunha maior atención en todo o mundo. Cando [...]

Por mor da viaxe que o noso colectivo realizará ao corazón de Italia no vindeiro mes de xuño, abrimos agora a un ciclo de conferencias, proxeccións e documentais sobre os etruscos, os ligures, o Lazio. Roma...o Renacemento. Nesta ocasión, e a través dun documental, adentrarémonos na figura do pintor do século XVI, CARAVAGGIO,  primeiro expoñente do Barroco, xenial creador que escandalizou no seu tempo polo realismo e a [...]