Categoría: Outras actividades


O xoves 23 de abril ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a presentación do último libro de poesía de Adela Figueroa titulado: "ERÓTICA É A ALMA DAS CEREIJAS". Amais da autora participarán no acto: Celsa Sánchez (ilustradora do libro) e o acompañamento musical de Eladio Rodríguez. Entrada libre ata completar aforamento. Adela Figueroa Panisse participou na fundación de organizacións como ADEGA, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega e a revista O Ensino, da que foi directora. Foi voceira de Nu [...]

O vindeiro dia 14 de abril, ás 8 do serán terá lugar en Portas Ártabras (Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña) unha actuación musical dos compoñentes do grupo A Quenlla: Paloma Suanzes, Leire Barbadillo, Manuel Dopico e Baldomero Iglesias (Mero). Actividade organizada pola Agrupación Cultural O Facho. Actuación de catro compoñentes de A Quenlla --Paloma Suanzes, Leire Barbadillo, Manuel Dopico e Baldomero Iglesias Dobarrio, coñecido artisticamente como Mero, profesor, cantante e escrit [...]

O mércores 8 de abril, ás 20 horas terá lugar un acto organizado polo Ateneo Republicano de Galicia en Portas Artabras (rúa Sinagoga, 22 – A Coruña): a presentación do libro: "COMO TERMINÓ LA GUERRA CIVIL ESPAÑOLA" de Gutmaro Gómez Bravo. Participarán no acto: O autor, Gutmaro Gómez Bravo (Catedrático de Historia Contemporánea - UCM) Emilio Grandío Seoane (Catedrático de Historia Contemporánea - USC) Cándido Barral Alvarellos (Xornalista). Baseada en documentación inédita proceden [...]

Desde Defensa do Común, en colaboración coa Asociación de Veciños da Cidade Vella, convocamos a toda a cidadanía a un acto informativo para analizar a situación actual e os impactos futuros do proxecto urbanístico nos terreos da Maestranza. O encontro terá lugar o martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, no local de Portas Ártabras (Sinagoga, 22). Por que é urxente esta xuntanza? A veciñanza observa con gran preocupación como a promotora Lipromo xa iniciou a comercialización [...]

O sábado 28 de marzo ás 16 horas sairemos cara Santiago de Compostela para visitar a exposición adicada ao escultor Asorey no Museo da Cidade da Cultura do monte Gaiás. A exposición Francisco Asorey, unha recuperación necesaria afonda desde unha óptica contemporánea no complexo mundo creativo do seguramente máis destacado escultor de Galicia e un dos renovadores da arte escultórica española do século XX. Esta reúne unha selección das obras máis importantes do escultor. Desde as pezas i [...]

O mércores 25 de febreiro, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras a presentación do libro de poemas "HIPNOSE ENCARNADA" de Ramiro Torres, libro editado por Espiral Maior. Amais o autor do libro, participarán no acto: Eva Veiga (poeta) e Miguel Anxo Fernán Vello (poeta e director de Edicións Espiral Maior). "Poética: Entender sempre o poético como via (não exclusiva) de conhecimento, como fogo perpétuo disponível no interior do ser humano, a ampliar a Vida numa vidência originária, estranhame [...]

O mércores 11 de febreiro, ás 20 horas en Portas Ártabras, Pilar Pallarés presentará "CONTRA HUMANA PARTE", poemario editado por Espiral Maior. Amais a autora, participarán no acto: Miguel Sande (Poeta e escritor) e Miguel Anxo Fernán Vello (Director de Edicións Espiral Maior) Pilar Pallarés (Culleredo, 1957) converteuse desde os seus dous primeiros libros, “Entre o lusco e fusco” (1979) e “Sétima soidade” (1983), nunha figura referencial da poesía galega contemporánea. Nesa posición consolidous [...]

O xoves 5 de febreiro, ás 19:30 horas terá lugar na Real Academia Galega de Belas Artes (Praza do Pintor Álvarez de Sotomayor, 1) unha homenaxe á poeta Ánxeles Penas García. No acto participarán: Xavier Seoane, Soledad Penalta, Carlos Pereira, Pedro Abeledo, Marta Pardo de Vera, Felipe -Senén e a homenaxeada; Ánxeles Penas. O acto contará co acompañamento musical de Mijail Moriatov. Encontro no que se incidirá na cotián constancia, na normalidade desta creadora literaria, artísta multidisciplina [...]

O venres 30 de xaneiro, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a presentación do novo poemario de Ana López titulado "Rompente", editado por Endymion. Da presentación do libro faranse cargo a propia autora máis Monserrat Yoldi. Entrada libre ata completar aforamento. Ela noitámbula desfollarácomo unha margarida prostibulariaa Rosa dos Ventos do noso corazón.Manuel Antonio A última onda emerxe do fondo da alma despois de sobrepasar todas as tormentas que ameazaban con desfacela. Chega ata nós [...]