Ás 20 horas no noso espazo de cultura “Portas Ártabras” o historiador e presidente do Centro de Estudos Carballiñeses, “Manuel Chamoso Lamas” o profesor Xosé Luis Sobrado, acompañado de membros do mesmo, recibirán o “Premio Pedra do Destino 2018”, que Amigos dos Museos de Galicia acordaron conceder a este colectivo pola súa constancia, estudo , divulgación e posta en [...]
Todos os luns e xoves deste mes de setembro estarán dedicados á Cultura do “País do Sol Nacente", Xapón: Paisaxe, Historia, Tradicións, Pensamento, Arte, Industria, Tecnoloxía… Actividade introductoria á singular e antolóxica viaxe que o colectivo realizará ao país nipón na primeira quincena do vindeiro mes de outubro. Entrada libre.
Ás 20 horas en Portas Ártabras Miguel Anxo Fernan Bello presentará a novela de Fidel Vidal "OS COROS DA NOVENA" editada por Espiral Maior. Páxinas onde o psiquiatra e escritor se adentra en situacións dramáticas cargadas de emoción.
O mércores 25 de abril, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras unha sesión de teatro presentada por aula aberta CasaHamlet, titulada VENERIS DIES Veneris Dies é un espectáculo teatral que xurdiu no Estudio de Teatro Casahamlet que consta de diversa pezas breves ou escenas de teatro de distintos autores: W. Shekaspeare, Juan Mayorga, Sanchís Sinisterra, Manuel Lourenzo,Fernán Vello, A. Cunqueiro…onde a [...]
O venres 16 de marzo ás 20 horas en Portas Ártabras terá lugar a presentación do novo poemario de Ramona Giraldez titulado "Tardes de Domingo". No recital de poesía e múscia ademáis da autora participarán: Luz Arufe (ilustradora) e Leticia Eirin (profesora da UDC), así coma os músicos: -Los Invisibles -Irene Cerqueiro -Pablo Mera ENTRADA LIBRE
Ás 20 horas PORTAS ÁRTABRAS, acollerá a APRESENTAÇÃO NA CIDADE DA CORUNHA de "GALEGUIA, de MANUEL MIRAGAIA, um livro poético aberto ao mundo que se expressa na nossa língua e que recolhe os mitos do nosso passado e as ideias principais que conformam uma utopia atualizada do Galeguismo. " Orador: César Morán, professor e cantautor
Ás 20 horas en Portas Ártabras terá lugar un concerto a cargo da guitarrista Iria Quintía Romero. A intérprete fenesa realizará un percorrido musical desde o período clásico ata a actualidade. Iria Quintía comeza a tocar a guitarra á idade de 9 anos en varios centros de Madrid e finaliza os seus estudos de grao profesional no Conservatorio Xan Viaño de Ferrol coa profesora Águeda Guti [...]