O xoves 16 de novembro, ás 20 horas en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 - A Coruña), terá lugar a inauguración da exposición e presentación do libro - catálogo “Sorrisos por un mundo. O humor en Carlos Casares” de Siro López. “Sorrisos por un mundo. O humor en Carlos Casares” é unha exposición didáctica, pensada para todos os públicos e coa que a Fundación Carlos Casares quere achegarnos aos distintos aspectos do humor e da retranca galega, fenómeno humano de seu e da cultura, así como, ao mesmo te [...]
Do 1 de xullo ata o mes de decembro, terá lugar en Portas Ártabras unha nova exposición con fondos propios de Amigos dos Museos de Galicia: óleos e fotografías de Maribel Valdivieso, móbiles de Pepe Galán, plumillas de Perico Castro, reproducións dos cartaces do Día das Artes Galegas, Fotografías de Manuel Ferrol, cartaces de Virxilio...
LETRAS ORFAS de AFRICA COLL, creacións pictóricas en Portas Ártabras até finais de marzo de 2022. Esta mostra realizada en colaboración coa Fundación Vicente Risco de Allariz e que ten como punto inspirador, de partida , a historia de Manuel Blanco Romasanta, "o Home Lobo": a súa contorna e as cartas que supostamente escribiu, entendidos como territorios inexplorados. Africa Coll é unha artista española establecida en Suecia.Traballa principalmente con pintura, fotografía, vídeo e instalacións. [...]
A mostra de fotografía de Yasuhiro Yotsumoto 'Camiño' estará dispoñible para visitar en Portas Ártabras do 18 de outubro ao 31 de decembro de 2021, en horario de luns a venres de 19:00 a 21.00 horas. Yasuhiro Yotsumoto naceu en Neyagawa (Osaka, Xapón). É un dos referentes na poesia xaponesa. O seu primeiro poemario (Warau bagu ‘O bug que ri’) foi publicado en 1991. En 2012 publicou en Xapón en ensaio sobre a obra do famoso poeta Shuntar? Tanikawa. Dende 1994 reside en Munich, Alemaña, pero iso [...]
“Portas Ártabras”, espazo de cultura de Amigos dos Museos de Galicia recolle unha mostra sobre aspectos que caracterizaron a vida do historiador da Arte Manuel Chamoso Lamas (Moldes de Boborás 1909 – 1985 A Coruña), alumno e discípulo dos membros da agora lembrada e celebrada Xeración “Nós”, como do seu veciño Lousada Dieguez. Collage composto por documentos fotográficos da súa mesma autoría que mostran esa ansia de documentar, estudar, dar a coñecer, conservar, rehabibi [...]
APRAZAMENTO ACTIVIDADES DE AMIGOS DOS MUSEOS DE GALICIA Por mor da situación creada polo COVI-19, Amigos dos Museos de Galicia lamenta tomar a determinación de aprazar tanto as xeiras previstas como as actividades en Portas Ártabras para os próximos 15 días. Aconsellando seguir a normativa oficial ante esta situación. Polo demáis e para calquera consulta seguimos estando en contacto cos asociad@s no noso correo ou tel [...]
O próximo xoves, en Portas Ártabras , o fotógrafo, poeta e mariñeiro Xosé Iglesias, expoñerá as suas fotos de pupilas abisais. Momentos e movementos oceánicos plasmados xa no papel fotográfico. Mar en estado puro, coas súas historias contadas da voz de un mariñeiro da Galiza. Presentará o acto Felipe Senén. A exposición poderá visitarse ata o 28 de febreiro de 2020.
VÍDEO DA NOVA ESCULTURA DE PEPE GALÁN EN PORTAS ÁRTABRAS:
BRUXA! LIBRES, REBELDES, INSUBMISAS O venres 25 de outubro ás 20 horas en Portas Ártabras terá lugar a inauguración da nova exposición de Viki Rivadulla “Bruxa!” É un proxecto artístico sobre a violencia contra as mulleres e que reivindica a liberdade das mesmas. Fala sobre as mulleres e a represión patriarcal agachada tras a queima de bruxas (partindo das teses de Silvia Federici) e que a autora mantén que seg [...]
A creadora galega, Lola Vivero, formada en París presenta en Portas Ártabras e durante o mes de Novembro e Decembro una selección da súa última obra pictórica e fotográfica. Trátase de obra de pequeño formato realizadas en técnica mixta (acrílico e óleo). Particular interpretación de paisaxes rurais e urbanas que asumindo a confluencia dos “ismos” do noso tempo, do impresio [...]