Categoría: Conferencias


O xoves 9 de marzo, ás 20 horas en Portas Ártabras o enxeñeiro e especialista en simboloxía José Luis García Dornelas nos falará arredor da “ESCENOGRAFÍA Y ATREZO DEL PODER”. Deuses, monarcas e prelados de todos os tempos utilizaron sen apenas variación os mesmos símbolos persoais de poder. Sobre a súa cabeza, unha aparatosa peza para resaltar a súa figura e nas súas mans un ou varios obxectos representativos das funcións que desempeña. E así, desde hai milenios, o poderoso preséntanse ante os s [...]

Os días mércores 1, xoves 2 e venres 3 de marzo, ás 20 horas no noso espazo de cultura Portas Ártabras o museólogo Felipe-Senén, e o xestor da Fundación Novoneyra Uxío Novo, conducirán o cursiño COMO SE VISITA UN MUSEO. De xeito teórico e práctico analizaranse os tipos de museos, o seu estado da cuestión en Galicia en relación con outros do Estado e do mundo, os seus condicionantes: continentes e contidos. Finalmente ofreceranse un tipo de recomendacións, tanto para a visita individual como cole [...]

O xoves 16 de febreiro, ás 20 horas en Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22 - A Coruña) terá lugar a conferencia titulada "BARRANCO DE VÍZNAR, PRELUDIO DE AUSCHWITZ", pronunciada polo Doutor en Arqueoloxía Daniel Quiroga, que nos mostrará un compendio dos traballos de arqueoloxía forense desenvoltos nun dos lugares máis emblemáticos da represión granadina.

O xoves 2 de febreiro,ás 20 horas en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 - A Coruña) terá lugar a conferencia impartida polo museólogo Felipe Senén López Gómez "CONVERSAS ARREDOR DA FESTA DA CANDELORIA E O IMBOLC GAÉLICO, CÉLTICO". O 1 de Febreiro celebrado en Iranda  do“Imbolc” ou Oimelc,  en Galiza asocialo coa Candeloría e o San Brais. A festa das candeas... O Imbolc  é a festa céltica gaélica irlandesa en relación coa purificación, coa sementeira, co gando. Asociada ás “Februa”, festas romanas nas [...]

O xoves 12 de xaneiro, ás 20 horas en Portas Ártabras o enxeñeiro e especialista en simboloxía José Luis García Dornelas nos falará arredor de "LOS MAGOS DE ORIENTE". Veremos a través dun centenar de imaxes a evolución da súa representación ao longo dos séculos e de como os inicialmente meigos paulatinamente foron convertidos en reis. E tras esa metamorfose, a imaxe dos reis alcanzou gran difusión na arte, porque lembraba desde as portadas dos templos que ata os máis poderosos levaban os seus pr [...]

O xoves 29 de decembro, ás 20 horas en Portas Ártabras terá lugar a presentación do manifesto, Máis alá! (que neste 2022 está de centenario), de Manuel Antonio e Álvaro Cebreiro. Publicado por embora con estudo introdutorio de Xosé María Dobarro, Xesús Torres Regueiro e Ernesto Vázquez Souzao. No acto contarase coa presenza de Xosé María Dobarro (profesor, investigador e coeditor literario do libro) e de Xesús Torres Regueiro (historiador, investigador e coeditor literario do libro).

O xoves 22 de decembro ás 20 horas en Portas Ártabras, o escritor e profesor de Ciencias da Educción da Universidade da Coruña Héctor Pose presenta "MUXOS" (Hércules ediciones), novela que obtivo o accésit no I Premio de Novela Asubío da Fund. María José Jove. "Muxos" é unha novela curta que apela á sensibilidade cara á aquelas persoas que que son estigmatizadas por algunha razón, converténdoas en invisíbeis. Prosa exquisita nun nobelo de historias onde o mar está omnipresente no devalo dos días [...]

O xoves 15 de decembro, ás 20 horas en Portas Ártabras o enxeñeiro e especialista en simboloxía José Luis García Dornelas nos falará arredor de "LA OTRA NAVIDAD", coa proxección de arredor dun centenar de imaxes explicará as escenas e personaxes que se esqueceron ou eliminaron do Nadal, pero que deixaron a súa pegada nas obras de arte. Actividade enmarcada dentro do ciclo: Paganismo e Relixión na Arte. Entrada libre ata completar aforo.