Amigos dos Museos de Galicia veñen celebrando dende a mesma creación polao ICOM no 1977 a xornada de cada 18 de maio como DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS. Motivo para sensibilizar e divulgar sobre os fins da intitución do museo: acopiar, conservar, estudar, documentar, divulgar testemuños da cultura dun pobo, cuns fins de educación e mesmo de lecer. Con tal motivo na tarde de este sábado, ás 17 horas, e partindo dende o mesmo e [...]
Sentimos que a xeira ao Val do Silencio, Médulas e Astorga programada para o sábado 25 e domingo 26 de maio, tempo axeitado para unha viaxe como esta, terá que ser posposta pra unha nova data por mor das eleccións, escollendo o tempo de outono, será pois o sábado 31 de agosto e o domingo 1 de setembro. E por mor de facela con garantias de hoteis e xantaras en lugares axeitados da maragatería e do Bierzo agradecemos que se vaian apuntand [...]
O Museo Etnográfico Monte Caxado das Pontes reabriu as súas portas o sábado 30 de marzo de 2019. Tras case 30 anos nas instalacións do CPI Monte Caxado, agora unha fundación presidida polo exmaestro José María López Ferro, trasladou parte do material a unha vivenda rehabilitado no barrio da Vila. Un recurso que de seguro será unha fonte de insp [...]
A Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA) celebrou o pasado sábado, 30 de xuño, Sesión Ordinaria no salón Reitoral do Colexio de San Xerome de Compostela, xuntanza na que decidiu, por aclamación, homenaxear ao longo do 2019, e en especial, o Día das Artes Galegas (1 de abril) a Luis Seoane López (Bos Aires, 1910 – A Coruña, 1979), unha proposta subscrita por académicos e varios cole [...]
Ás 19 horas quedan convocad@s @s asociad@s á Asemblea Anual 2019 do noso colectivoen que terá lugar o xoves 14 de febreiro no noso espazo de cultura,"Portas Ártabras" (Sinagoga 22-Coruña). Que decir ten que é pra directiva o momento de rendir contas, de expoñer plans, tamén de lembrar e sobre todo de escoitar. Aínda que, cada día, estamos abertos a todas as suxestións é i [...]
Até mediados de xaneiro, datas polas que presentaremos o programa 2019 de viaxes e actividades, podes facernos chegar as túas suxestións ou opinións, iniciativas razoables e realizables, tanto pra incluir como pra mellorar o programa. Agradecendo inmensamente a iniciativa de sumarte á parte organizativa ou simplemente á máis elemental e que tanto valoramos: a participativa, acompañándonos nas actividades. Sen público [...]
Fotografías do acto de entrega do Premio Pedra do Destino 2018 ao "Centro de Estudios Manuel Chamoso Lamas" de O Carballiño. No acto estiveron presentes: o Alcalde do Carballiño Francisco Fumega, Xosé Luis Sobrado, Presidente do Centro de Estudos Manuel Chamoso Lamas e Felipe Senén López presidente de Amigos dos Musoes de Galicia. A etrega tivo lugar en Portas Ártabras o venres 23 de novembro do 2018.
Reunida a Xunta Directiva de Amigos dos Museos de Galicia - igual que todo os anos por mor da celebración do 18 de maio como "Día Internacional dos Museos" - a fin de debater sobre a concesión do Premio Pedra do Destino 2018, determinou outorgar este ao Centro de Estudos Carballiñeses "Manuel Chamoso Lamas", acreditando súa constancia no estudo, divulgación e potenciación dos recursos culturais e patrimon [...]
Xa está dispoñible baixo estas líñas o programa da viaxe que Amigos dos Museos de Galicia levará a cabo entr:e os días 15 e 27 de xuño de 2018 DOS ETRUSCOS AO RENACEMENTO; DE FLORENCIA A ROMA , para asúa descarga. Ruta etrusca - De Florencia a Roma 2018 Máis Información en: CIBERVIAXES Rúa Federico Tapia, 41, 15005 A Coruña Tel: 981 21 66 00
No 2015 a Academia galega de Belas Artes instituiu o 1 de abril como Día das Artes Galegas, lembrando esta data a de 1188, na que o mestre Mateo coloca os linteis do Pórtico da Gloria. Mateo, Castelao e Maruxa Mallo foron os homenaxeados ata agora. Neste 2018 o homenaxeado será o arquitecto pontevedrés, Alejandro de la Sota. Alejandro de la Sota Martínez, nado en Pontevedra o 20 de outubro de 1913 e falecido o 14 de febreiro de 1996, foi un arquitecto galego. T [...]