Arte, historia e tradición: Unha viaxe polos sentidos no Norte Peninsular Un ano máis, dende a Asociación de Amigas e Amigos dos Museos de Galicia volvemos conectar a paixón pola cultura cos destinos máis fascinantes. Propoñémosche un percorrido excepcional de 9 días (do 05 ao 13 de novembro) deseñado especificamente para os amantes do patrimonio, a beleza arquitectónica e as tradicións con historia. Seguindo as evocadoras rutas xacobeas, mergullarémonos nunha viaxe inmersiva que fusiona a maxia [...]
O domingo 7 de xuño, ás 12:00, con saída dende o Obelisco, terá lugar a MANIFESTACIÓN A PROL DOS MURAIS DE URBANO LUGRÍS "A CORUÑA POLA BELEZA, DEIXADE PASAR AS ONDAS DO MAR!". Non esquezas levar o teu paraugas. O Fornos da Coruña, a taberna mariña soñada por Lugrís Por Felipe-Senén Lugrís, poeta, pintor é creador de obras que son iconas da Galiza Atlántica. Mago que coas súas pinturas gustaba de abrir xanelas para mostrar a fartura do océano maior, preñado de formas, de mitos, de lendas, [...]
Nun concorrido acto en Portas Ártabras, Amigas e Amigos dos Museos de Galicia (QUE DENDE HOXE TOMAN ESTE NOME INCLUSIVO) celebraron o tradicional acto do Día dos Museos, consistente nun repaso feito polo museólogo Felipe-Senén sobre o Estado da Cuestión dos Museos de Galicia, os que entende, en xeral, faltos de espazo e de persoal cualificado para atender aos seus fins, os que os diferencian e significan, "non a toda colección se pode chamar museo", matizou. Insistiu na función de acopio, cando [...]
Este luns 18 de maio Día Internacional dos Museos, ás 20 horas en Portas Ártabras teremos un acto no que reflexionaremos sobre o papel dos museos hoxe, fronte á idea confusa de que a calquera exposición ou reunión de cousas se lle chama museo. Acto guiado por Felipe-Senén e ao final do que, como noutras ocasións darase a coñecer o PREMIO PEDRA DO DESTINO 2026, como sempre dedicado a aquelas persoas colectivos ou museos preocupados na salvagarda e difusión do patrimnio cultural de Galicia. Dende [...]
O pasado venres, 17 de abril, finou na Coruña, o que foi secretario do noso colectivo, Amigas e Amigos dos Museos de Galicia, Ernesto Pérez Ramil. Vida truncada por unha enfermidade de difícil prognóstico, así no lo anunciaba él con exemplar resignación. Fonda pegada deixa en nós: sempre a pé de obra, do dito axiña ao feito, desexando servir a cambio de nada. Actividade ralizada dende moitos anos atrás, mesmo dende aqueles seus anos de estudo en Compostela, finais dos oitenta, formándose en Mus [...]
Desde Defensa do Común, en colaboración coa Asociación de Veciños da Cidade Vella, convocamos a toda a cidadanía a un acto informativo para analizar a situación actual e os impactos futuros do proxecto urbanístico nos terreos da Maestranza. O encontro terá lugar o martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, no local de Portas Ártabras (Sinagoga, 22). Por que é urxente esta xuntanza? A veciñanza observa con gran preocupación como a promotora Lipromo xa iniciou a comercialización [...]
Moi da nosa estima: Pola presente informamos que de acordo co Artigo 19º dos Estatutos da nosa entidade e como asociad@ de Amigos dos Museos de Galicia queda convocad@ a: ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DE AMIGOS DOS MUSEOS DE GALICIA que se desenvolverá o xoves, día 26 de febreiro de 2026, ás 19,30 horas en primeira convocatoria e ás 20,00 horas en segunda e última no noso espazo de cultura “Portas Ártabras”, na rúa Sinagoga - 22. A Asemblea desenvolverase segundo a seguinte Orde do día: Lectura e apr [...]
Descarga o programa de actividades 2026 de Amigos dos Museos de Galicia Amais, no apartado de ACTIVIDADES, tamén atoparás a proposta para o ano 2026, como sempre, dentro desa maxia de envolverse na cultura dos pobos que é aproveitar ao máximo días, horas, enxergando todo (enxergar é sentir e sumar canta información sexa posible). Máis aló dos rituais e dos convencionalismos deste tempo de postureos ou performances, quixeramos, do mellor xeito, exprear o noso agradecemento, de compartir os d [...]
O Nadal significa nacemento e represéntase cun Belén, cunha humilde aldea á que acude unha familia buscando fonda… non a atopan, acóllense nun cortello e alí nace unha Esperanza, pregoada no ceo polas estrelas. Alí acoden pastores, gaiteiros, lavandeiras… e mesmo Reis Magos que poñen os pés na Terra cunha mensaxe de Paz. Hai outras fórmulas de celebración a do árbore verde cuberto de brilos e luz, a dun Papa Noel ou dun vagamundos, home do saco, cargado de sorpresas… a Galiza das encrucilladas e [...]
O vindeiro martes 17 de xuño, ás 19.30 h, o local do Circo de Artesáns acollerá un acto de homenaxe a José-María Monterroso Devesa, organizado por amizades persoais e diversas entidades culturais da cidade: A.C. Alexandre Bóveda, Asociación de Amigos dos Museos de Galicia, Circo de Artesáns e A.C. O Facho. Escritor, poeta, articulista e activista cultural, Monterroso destaca polo seu labor na recuperación da memoria histórica e na divulgación do patrimonio galego. Foi presidente da A.C. O Facho [...]