O xoves 5 de febreiro, ás 19:30 horas terá lugar na Real Academia Galega de Belas Artes (Praza do Pintor Álvarez de Sotomayor, 1) unha homenaxe á poeta Ánxeles Penas García. No acto participarán: Xavier Seoane, Soledad Penalta, Carlos Pereira, Pedro Abeledo, Marta Pardo de Vera, Felipe -Senén e a homenaxeada; Ánxeles Penas. O acto contará co acompañamento musical de Mijail Moriatov. Encontro no que se incidirá na cotián constancia, na normalidade desta creadora literaria, artísta multidisciplina [...]
O venres 30 de xaneiro, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a presentación do novo poemario de Ana López titulado "Rompente", editado por Endymion. Da presentación do libro faranse cargo a propia autora máis Monserrat Yoldi. Entrada libre ata completar aforamento. Ela noitámbula desfollarácomo unha margarida prostibulariaa Rosa dos Ventos do noso corazón.Manuel Antonio A última onda emerxe do fondo da alma despois de sobrepasar todas as tormentas que ameazaban con desfacela. Chega ata nós [...]
O xoves 29 de xaneiro, ás 20 horas terá lugar en "Portas Ártabras" terá lugar unha nova conferencia do arqueólogo e historiador da cultura galega, Felipe-Senén, titulada: "INTRODUCIÓN AO ENTROIDO EN GALICIA". Tras a conferencia do pasado xoves, continuaremos o recorrido polo almanaque festivo, as variedades, rivalidades e competencia de máscaras, folións, músicas, cantos, habilidade artesanal na confección de máscaras e traxes... Herdo tradicional con aportes prehistóricos, celtas, romanos, [...]
O mércores 28 de xaneiro, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a presentación da Antoloxía poética de Xavier Seoane: “O CANTO DA TERRA 1978 – 2023”, editado en bilingüe por Dilema. O autor estará acompañado por Teresa Seara e Francisco X. Fernández Naval.Entrada libre ata completar aforamento.
O xoves 22 de xaneiro, ás 20 horas terá lugar en "Portas Ártabras" terá lugar unha conferencia do arqueólogo e historiador da cultura galega, Felipe-Senén, titulada: "INTRODUCIÓN AO ENTROIDO EN GALICIA", recorrido polo almanaque festivo, as variedades, rivalidades e competencia de máscaras, folións, músicas, cantos, habilidade artesanal na confección de máscaras e traxes... Herdo tradicional con aportes prehistóricos, celtas, romanos, medievais e as incorporacións actuais e mesmo creativas de ca [...]
O mércores 21 de xaneiro, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a presentación da Antoloxía poética de Xavier Rodríguez Baixeras: "Memoria, poesía selecta 1981 - 2023", editado en bilingüe por Dilema. O autor estará acompañado por Eva Veiga e Luciano Rodríguez.Entrada libre ata completar aforamento.
O xoves 15 de xaneiro ás 19:30 horas terá lugar en Portas Ártabras a presentación do fotolibro "OS OLLOS QUE VEN O TEMPO", con fotografías de Carmen de Miguel e poemas de Emma Pedreira. As autoras estarán acompañadas polos músicos Juan Jove e Javi López. No libro se tratan as baixantes de auga de Coruña vistas dende unha perspectiva abstracta e imaxinativa. Entrada libre ata completar aforamento.
Editorial Dilema publica, na súa colección Antologías e en edición bilingüe, tres libros de tres dos poetas galegos máis significativos do noso tempo: Xosé María Álvarez Cáccamo, Xavier Baixeras e Xavier Seoane. Isto supón, por unha banda, o recoñecemento a tres obras singulares e, por outra, a posibilidade de que o seu ámbito de irradiación lectora se amplíe a todo o espazo hispanofalante. Pertencentes á mesma xeración poética e vital, Álvarez Cáccamo, Rodríguez Baixeras e Seoane seleccionaron [...]
O vindeiro día 13 de xaneiro o enólogo, investigador e divulgador Alfonso Losada Quiroga pronunciará unha palestra co título: “Denominacións de orixe dos viños de Galicia: a importancia das variedades autóctonas”. Data: 13 de xaneiro, martes Hora: ás 8 do serán Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña Alfonso Losada é natural de Tuiriz e na actualidade reside en Ourense. Funcionario de carreira da Xunta de Galicia, a súa formación académica é de Enxeñeiro Técnico [...]