Actualidade


Ás 20 horas en Portas Ártabras a historiadora da Arte Iría- Friné  Rivera Vázquez con esta conferencia introduciranos á creación dunha iconografía inexistente antes dos anos 20, que deu unha imaxe ao país e que respondía ao espírito da sociedade galega contemporánea. Partindo da obra de Camilo Díaz Baliño dende 1919, pinturas súas como o Tríptico dos Homes de Brigantia o [...]

Aínda podes sumarte a esta viaxe fondamente cultural . Un xeito ameno de adentrase nas arqueoloxías, na arte, na etnografía e moi especialmente na literatura que arrodean á Celanova de Curros, de Celso Emilio, de Ferrín… O  antolóxico xacemento romanizado do que foi Coelernia, Castromao; a torre e a igrexa de Vilanova das Infantas ou da Virxe do Cristal…. E sobre todo canto arrodea ao mosteiro do Salvador de Celanova, verdadeira s [...]

Ás 20 horas en "Portas Ártabras", seguindo a tradiicón dos segundos xoves de mes,  o enxeñeiro José Luis García Dornelas pronunciará unha conferencia, dentro do ciclo “Paganismo e relixión na arte”, na que analizará as influencias orientales no relato de Noé e o Diluvio e de cómo éstas se reflicten na Arte. A charla  acompañarase coa p [...]

 Seguindo co ciclo introductorio dedicado ao Xapón, ás 20 horas deste martes, no noso espazo de cultura "Portas Ártabras" o doutor Gabriel Álvarez Martínez (Carballiño, 1985) introducirá ao tema: XAPÓN: TRADICIÓN E MODERNIDADE, un paseo polo onte e polo hoxe do "País do Sol Nacente". Gabriel Álvarez é doutor en tradución pola Universidade de Vigo, especialista profes [...]

Está aberta a inscripción para participar nesta viaxe cultural que dende a Coruña nos levará a Terras de Valdeorras, a Rúa, Ribeiras do Sil e do Bibei. Paisaxes cos seus solprendentes codos e socalcos de vides e soutos; visitando o Santuario das Ermidas, o Bolo, o seu castelo e aldeas do concello da Veiga... camiños montesíos que levan a Trevinca e á Serra do Eixo. E Como nos caracteriza non faltará o xantar enxeb [...]

Ás 20 horas no noso espazo de cultura, Portas Ártabras, o profesor titular de Xeografía da Universidade Autonoma de Madrid, Francisco Alonso Otero, impartirá unha conferencia “SOBRE EL PAISAJE DE GALICIA”. Tema no que, guiado de imaxes,  adentrarase na formación xeolóxica, mapas, minerais, serras, bocarribeiras, vales, rías, areais, bosques e reforestación, as grandes obras e a paisaxe...a cultura. Esperámoste.

Como xa é tradición neste noso colectivo dedicamos o derradeiro domingo de agosto, cando todo semella normalizarse, a visitar aspectos insólitos da Serra do Courel, complementando puntos a visitar con outras viaxes anteriores: Viaxe cuntural seguindo  río Lor,  dende Quiroga ao Cebreiro, pasando por Folgoso, Ferreirós, Figueiras, Seceda, Ferreiría, Seoane, Parada, Moreda…Pacios. Deténdonos nos “locus amoenus”, lugares [...]

Está aberto o prazo pra sumarse a esta xeira cultural que leva por unha das ribeiras sacras máis sorprendentes, a de Chantada. Todo un día visitando as ribeiras do Miño: Asma, Pesqueira, Ribasdemiño, Belesar... Nogueira...San Miguel do Monte e o mítico Monte Faro. Espazos no mesmo corazón de Galicia, onde non so comprender “in situ”  o fenómeno da cristianización da Gallaecia, senón tamén a humaniz [...]