Actualidade


O sábado 28 de marzo ás 16 horas sairemos cara Santiago de Compostela para visitar a exposición adicada ao escultor Asorey no Museo da Cidade da Cultura do monte Gaiás. A exposición Francisco Asorey, unha recuperación necesaria afonda desde unha óptica contemporánea no complexo mundo creativo do seguramente máis destacado escultor de Galicia e un dos renovadores da arte escultórica española do século XX. Esta reúne unha selección das obras máis importantes do escultor. Desde as pezas i [...]

O xoves 26 de marzo ás 20 horas terá ugar en Portas Ártabras unha conferencia pronunciada polo arqueólogo e profesor de Historia Antiga da Universidade de Oviedo, Diego Piay Augusto, titulada: "GALLAECIA NO OCASO DE ROMA: UNHA PROVINCIA DE INTELECTUAIS" Durante a Antigüidade tardía, diversas fontes escritas mencionan a personaxes destacados vinculados ao territorio da provincia romana de Gallaecia, pertencentes ás elites culturais e políticas do momento. Esta aparente concentración de figuras in [...]

O vindeiro dia 24 de marzo o licenciado en Dereito e Ciencias Económicas Enrique Sáez Ponte impartirá unha palestra co título: “O MUNDO E NÓS”, acto organizado pola Agrupación Cultural O Facho. Data: 24 de marzo, martes Hora: ás 8 do serán Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña Enrique Sáez Ponte (A Coruña, 1947) é licenciado en Dereito e en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela e MBA do IESE (Barcelona). Profesional da empresa priv [...]

O sábado 21 de marzo teremos unha xeira especial para coñecer Monforte e os seus arredores. Xeira cunha detida visita ao Museo do Ferrocarril de Galicia. Sobranceiro conxunto distinguido entre o patrimonio industrial europeo, inaugurado no 2001: depósitos, rotonda, talleres, fragua, dormitorios de ferroviarios... locomotoras, coches de viaxeiros históricos, coleccións... Recorrido pola cidade, capital da terra de Lemos, presidida polo torreón e o convento de San Vicente del Pino. Ribeiras do Cab [...]

A infanta Ana de Austria por Pantoja de la Cruz (1602). Galerías Reales (Madrid). O xoves 12 de marzo, ás 20:00 horas, Portas Ártabras acollerá unha nova sesión do ciclo "Paganismo e Cristianismo na arte". Nesta ocasión, José Luis García Dornelas falará sobre "EL MAL DE OJO EN LA HISTORIA Y EN EL ARTE". A charla acompañarase coa proxección dun centenar de imaxes para mostrar gráficamente a evolución desta crenza ao longo de máis de 3.000 anos. Entrada libre ata completar aforamento.

O sábado 7 de marzo terá lugar esta xeira que nos levará pola bocaribeira de Amoeiro, á Trasalba co pazo de Otero Pedrayo, pazo de Vilamarín, ao mosteiro cisterciense de Oseira, as terras de Cea, Maside, Punxín, o Carballiño.... Unha xornada intensa para coñecer aspectos vertebráis dunha xurisdición que no medievo se coñeceu comoTerra de Castela, veciña de Orcellón (O Irixo). Parte importante da historia da cultura galega. Algo que faremos a través de aspectos da vida e da obra do xeógrafo, hist [...]

O xoves 5 de marzo, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras unha nova conferencia pronunciada por José Carlos Alonso (cronista gráfico da Coruña e creador do proxecto “Flujos”), titulada: “A CIDADE VELLA DA CORUÑA EN IMAXES”, nela veremos moitas fotografías recollidas nun dos seus últimos foto-libros dedicado a este recuncho da cidade da Coruña. "Vella", "Alta", e "A Cidade", estas son acepcións que vertebran a realidade da "Cidade Vella da Coruña" ao longo dos séculos. Cada unha desas palabra [...]

 O vindeiro día 3 de marzo o naturalista, ecoloxista e licenciado en Ciencias Biolóxicas Pedro Alonso Iglesias pronunciará unha palestra co título: “Os lumes de 2025 e os que han vir. Sen defensa fronte á inacción política”. Data: 3 de marzo, martes Hora: ás 8 do serán Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña Organiza: O Facho Pedro Alonso Iglesias (Vigo, 1966). Socio da Sociedade Galega de Historia Natural en 1981, impulsa xunto [...]

Moi da nosa estima: Pola presente informamos que de acordo co Artigo 19º dos Estatutos da nosa entidade e como asociad@ de Amigos dos Museos de Galicia queda convocad@ a: ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DE AMIGOS DOS MUSEOS DE GALICIA que se desenvolverá o xoves, día 26 de febreiro de 2026, ás 19,30 horas en primeira convocatoria e ás 20,00 horas en segunda e última no noso espazo de cultura “Portas Ártabras”, na rúa Sinagoga - 22. A Asemblea desenvolverase segundo a seguinte Orde do día: Lectura e apr [...]