Actualidade


O xoves 28 de abril, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras (Sinagoga 22, baixo - A Coruña) a conferencia do arqueólogo e Profesor de Historia Antiga da Universidade de Oviedo Diego Piay Augusto arredor de: "As vilas romanas na antiga provincia de Gallaecia" As vilas foron estruturas de carácter residencial e produtivo situadas no mundo rural, moi características da civilización romana. A súa presenza esténdese, aproximadamente, desde o século II aC ata o V dC. Atópanse dispersas por todo o [...]

O xoves 7 de abril ás 20 horas en Portas Ártabras Jose Carlos Alonso Sánchez presentará LIBROS POLA “ P” - “Puerto de A Coruña” e “Puente del Pasaje”. Jose Carlos Alonso Sánchez, redactor desde hai 6 anos do “Proyecto FLUJOS” presenta con estes dous títulos da súa colección (noveno e décimo primeiro) os primeiros que abordan temas de interese para o conxunto da cidadanía coruñesa. O porto porque tivo unha panoplia de implicacións (laborais, lúdicas, transporte…) e a ponte por que a través del pu [...]

O venres, 1 de abril, celébrase o Día das Artes Galegas, nesta edición do 2022 dedicada ao pintor de Lalín "Laxeiro". Con tal motivo a Real Academia Galega de Belas Artes inaugurará nesta xornada - ás 19.30 horas, na súa sede na Praza do Pintor Álvarez de Sotomayor 1, da Coruña - a exposición "Acción Laxeiro" comisariada polo académico de Artes da Imaxe Xurxo Lobato. De seguido terá lugar un acto no que se homenaxeará ao pintor e na que lembra tal xornada conmemora a data do 1 de abril do 1188 n [...]

O xoves 31 de marzo ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a presentación da nova publicación de Amigos dos Museos de Galicia: DE CEE A COMPOSTELA: Un achegamento á figura de Domingo Antonio de Andrade, de Victor Manuel Castiñeira Castro, historiador e Técnico de Cultura do Concello de Cee. Cada asistente recibirá un exemplar do libro de balde. Entrada libre ata completar aforamento. "Afortunadamente, cada vez son máis numerosos os traballos de investigación e divulgación sobre a importancia [...]

O xoves 24 de marzo ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a presentación do libro de Ángel Arcay Barral "Las 1001 recetas del Palacete de las Mendoza", no acto ademais do autor participará Ernesto Vázquez Rey (Presidente de Amigos do Museo de Pontevedra), que tamén colabora na publicación. LAS 1001 RECETAS DEL PALACETE DE LAS MENDOZATrátase dunha obra que recolle a transcrición de 1001 receitas elaboradas polas irmás Mendoza no seu palacete de Santa María, no centro de Pontevedra, e que cont [...]

Podes anotarte, sempre hai sitio, neste caso para unha xeira inmensamente cultural. Como unha expresiva antoloxía da Historia de Galicia, por canto significan na súa vinculación con Compostela esta dúas vilas, xenuinamente mariñeiras: MUROS E NOIA E entre elas un universo no que enredarse, dende os Tamaricos á casa de Trastámara para entrar na contemporaneidade, velaí a central do Tambre do arquitecto Antonio Palacios, a Serra de Outes e o Santuario de San Ourente de Entíns coas reliquias do San [...]

A continuación presentamos o programa da viaxe que Amigos dos Museos de Galicia realizará entre o 18 e o 24 de abril de 2022 ao REINO DE ARAGÓN; DÍA 18/ABRIL: A CORUÑA – JACA Presentación no Obelisco para saír en dirección a Jaca, xantar en restaurante en roteiro. Durante o itinerario coñeceremos algún punto de interese na “Ruta do Cid”, como San Pedro de Cardeña. Chegada ao hotel de Jaca e distribución de habitacións. Cea e aloxamento. DÍA 19/ABRIL: JACA – SAN JUAN DE LA PEÑA – SANTA CRUZ DE LA [...]

O xoves 10 de marzo, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a presentación dos libros "Testemuño da Guerra Civil" de Isabel Ríos, así como de "El Defensor" de Manuel Romero Mengotti. Presentará Testemuño da Guerra Civil o traductor do libro ao galego Xosé Antón García Ferreiro e visionaremos videos con entrevistas a Isabel Ríos e ao fillo da autora, Manuel Calvelo, que finalmente non pode asistir ao acto. A Continuación Manuel Romero Mengotti presentará "El Defensor" TESTEMUÑO DA GUERRA CIVIL [...]

O martes 8 de marzo ás 20:00 horas terá lugar en Portas Ártabras unha nova conferencia organizada pola  Agrupaçom Cultural O Facho, na que participaráa profesora e ensaísta Pilar García Negro, quen falará dentro do ciclo, Lingua, Literatura e Nación. A sua palestra versará sobre: “Dúas visións antitéticas da Galiza: Rosalía de Castro / Emilia Pardo Bazán"