Ás 19 horas na Fundación Cuña - Casasbellas (Rúa Xerardo Álvarez. Limeses, 12, PONTEVEDRA) unha representación de Amigos dos Museos de Galicia entregará ao historiador da arte e museólogo Carlos Valle, o Premio Pedra do Destino 2022, concedido pola súa traxectoria profesional ao frente do Museo de Pontevedra, institución referente pola súa actividade e compromiso coa cultura galega e con canto implica un museo na: recuperación de obra significativa, estudo, conservación, documentación, exposició [...]
O Sábado 12 de novembro terá lugar esta xeira de outono, seguindo os pasos de Laxeiro en Lalín e Pontevedra, con final na sede da Fundación do poeta Cuña Novás, entregando o Premio Pedra do Destino ao Historiador da Arte e Museólogo Carlos Valle. Anótate en Portas Ártabras ou chamando ao 981 210 101 - 630 930 298
O xoves 10 de novembro, ás 20 horas en Portas Ártabras, terá lugar unha nova conferencia impartida polo enxeñeiro e especialista en arte José Luis García Dornelas, que nesta ocasión falará sobre: "LAS PRÁCTICAS FUNERARIAS EN LA ANTIGÜEDAD" Actividade enmarcada dentro do ciclo Paganismo e Relixión na Arte
O xoves, 3 de novembro, ás 20 horas terá lugar no Espazo Cultural Portas Ártrabas (rúa Sinagoga, 22, baixo) o acto de presentación do libro do poeta Luis Suñén "Como néboa que entra". É unha antoloxía bilingüe castelán-galego, editada por Medulia. A selección e tradución dos poemas foi responsabilidade de Xosé María Álvarez Cáccamo. Intervirán no acto o autor, o tradutor, o escritor Xavier Seoane e o director da editorial Medulia, Xulio Valcárcel.
O xoves 20 de outubro ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras a presentación do libro de Santiago Juega Puig: "PERIPLO AL MALUCO. LA CASA DE CONTRATACIÓN DE ESPECIERÍA. A CORUÑA, 1522 - 1529" En 1522, tras o regreso de Elcano a bordo da nao Victoria, Carlos I creou na Coruña a Casa de Contratación da Especiería, coa intención de centralizar toda a actividade coas Illas Molucas. Partiron tres expedicións: Esteban Gómez (1524-1525), Loaísa-Elcano (1525-1536) que conseguiría realizar a segunda c [...]
O xoves 13 de outubro, ás 20 horas en Portas Ártabras, terá lugar unha nova conferencia impartida polo enxeñeiro e especialista en arte José Luis García Dornelas, que nesta ocasión falará sobre: "LA EVOLUCIÓN DE LA MEDICINA Y DE LA PERMANENTE LUCHA ENTRE LO SAGRADO Y LA RAZÓN"
O MINHO PORTUGUÉS CON AMIGOS DOS MUSEOS DE GALICIA 30 - 31 DE OUTUBRO E 1 DE NOVEMBRO Xeira a través dun tempo e dunha terra que sabe saudar ao outono. E faise lembrando aos defuntos e aos santos, con flores e silencios nos camposantos e nesas igrexas revestidas de arte de todo tempo. Días nos que se acenden as lumeiradas dos Magostos, se asan castañas e se proba o viño novo. É este o tempo do celebrado San Martiño, o das primeiras matanzas. Poucos países hai no mundo que saiban celebrar e [...]
O xoves 6 de outubro, ás 20 horas en Portas Ártabras, terá lugar a presentación da nova edición revisada, ampliada e bilingüe do poemario “As nosas sombras no Xardín de Serralves” (Bartleby Editores), a cargo do poeta, narrador, ensaísta e artista plástico Xabier Seoane, o poeta, narrador é xornalista Antón Castro e do propio autor, Xoán Abeleira. Adxuntamos ligazón informativa da distribuidora : https://www.udllibros.com/libro-nuestras_sombras_en_el_jardin_de_serralves-2310020179
As persoas interesadas en participar na xeira de tarde durante o mes de outubro (saída ás 16 horas dende o Obelisco) que se dedicará a visitar o Pazo de Oca (A Estrada) (interior e xardíns), poden preinscribirse dando nome e tel´éfono no noso espazo de cultura, Portas Ártabras (Sinagoga 22), ou aos tfns.- 630930298/ 981210101. Visita, que polas súas características e mellor coñecemento esta sometida a un grupo reducido.
Dende os inicios da nosa Asociaciòn, Saleta acompañounos en moitas actividades e viaxes por Galiza e polo mundo. Hoxe, 18 anos e un día despois do pasamento do seu compañeiro Manuel Maria sentimos e compartimos a súa perda. Acompañamos o comunicado da Fundaciòn Manuel Maria, dinámica e modèlica instituciòn, o seu empeño final, cumprido con éxito pra dignidade e honra da literatura e da cultura de Galiza: Comunicarvos a triste nova de que este serán (sábado 10 de setembro) faleceu Saleta. Os seus [...]