Actualidade


Con esta xeira poñemos fin ao ciclo 2022. Ano no que, depois da pandemia e segundo as posibilidades, fumos retomando o camiño de "Coñecer Galicia", furar no seu espírito para querela e defendela. Para esta ocasión e ampliando o programa, ofrecemos un itinerario baríl, como dirían os afiadores, pois tamén imos á terra destes trotamundos. Recorrido que por "Terra da chispa", Luintra nos levaría ao gran mosteiro de San Estebo de Ribas de Sil, unha lección de historia da arte e da cultura galega. Pa [...]

ATENCIÓN SEÑORA, xoves 1, Portas Ártabras (A Coruña), ás 20 h. Volta ALDEA TERREMOTA! “A aventura de Chumín, gaiteiro contratado nunha aldea na que a ninguén lle acorda que é o día da festa”. Sesión dramática sobre as fotografías que fixo Pablo Gallego en 1997, coa música de Xoán Creus, e o retorno de Sofía de Labañou ! Xurxo Souto, “XX anos de literatura”, CELEBRACIÓN !

O mércores 30 de novembro, ás 20 horas en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 – A Coruña) terá lugar a conferencia do escritor Miguel Anxo Fernán Vello titulada:"MARÍA CASARES, CORUÑESA, GALEGA E UNIVERSAL" Maria Victoria Casares Pérez , "Vitoliña" como lle chamaban os seus máis achegados, naceu na Coruña no 1922, filla de Gloria Pérez e de Santiago Casares Quiroga, Presidente do Goberno de España na II República. Familia que viviu unha intensa vida marcada fondamente pol [...]

A partires da década dos oitenta, acolléndose a argumentos históricos, potenciase a Ribeira Sacra con canto ela significa de paisaxe natural e cultural. Territorio repartido entre as provincias de Lugo e Ourense, elixindo como centro neurálxico Monforte de Lemos. No 2019 poténciase a súa candidatura á declaración de Patrimonio da Humanidade. Os argumentos para tal potenciación e denominación parten do 1124, tal como aparece no documento da fundación do Mosteiro de Montederramo: Rivoira Sacra , n [...]

O xoves 24 de novembro ás 20 horas, en Portas Ártabras (Sinagoga 22 - A Coruña), terá lugar a presentación de "CANCIONEIRO DE BUÑO" de Dolores Cancela Pérez. Rescátanse neste Cancioneiro de Buño 84 coplas de tradición oral, recolleitas a principios do século XX de boca dunha mociña de 17 anos, Dolores Cancela Pérez, e publicadas orixinariamente no Boletín da Academia Galega: memorias dos devanceiros, alicerce ou raiceira do que somos. Participan no acto: Xurxo Souto (Músico e escritor) / Estevo [...]

O mércores 23 de novembro ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras (Sinagoga 22 - A Coruña) a conferencia de Andrés García Pascual titulada "GALICIA S.XIX. OCUPACIÓN FRANCESA. LAS CARTAS, ESOS DOCUMENTOS HISTÓRICOS". García Pascual, coruñés de pro, é un recoñecido filatelista e historiador do universo postal, reunindo unha importante colección. Sobranceiro e mesmo imprescindible entre filatelistas de todo o mundo. Nesta conferencia abondará sobre os documentos, especialmente cartas, do tempo d [...]

O venres 18 de novembro, ás 20 horas en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 - A Coruña) terá lugar a conferencia de Rafael López Loureiro (mestre da escola de Cedeira, é o principal impulsor do Samaín), titulada: "ANTÓN DE GARAY... PIRATA TEMERARIO OU VÍTIMA XUDICIAL?". Unha nova interpretación desta figura histórica á luz da lectura completa do seu proceso. Unha historia coruñesa, vasca e cedeiresa acontecida entre 1509 e 1510.

O xoves 17 de novembro, ás 20 horas en Portas Ártabras terá lugar a presentación de "OVIEDO, EL CRONISTA" de Manuel Romero Mengotti. "Esta es la historia de la apasionante vida de Gonzalo Fernández de Oviedo, el historiador de Indias y cronista oficial del emperador. Al servicio de los Reyes Católicos, de Carlos V y de Felipe II, recorrió toda España, Flandes, la Italia renacentista de norte a sur, y cruzó ocho veces el Atlántico para denunciar ante los reyes los abusos de algunos gobernadores d [...]

O mércores 16 de novembro, ás 20 horas en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 - A Coruña), terá lugar a presentación do libro de poesía de Merche Antón: "ESCONXUROS". No acto acompañarán a autora: Siro López (ilustrador) , Santiago Fernández (actor) e Xulio Valcárcel (editor). Resumo: “A reflexión amorosa atinxe, a un tempo, á memoria de vivencias e aconteceres do pasado e a denuncia dos problemas actuais: atentados ecolóxicos, desgrazas, naufraxios, guerras e inxustizas cometidas por causa do imperia [...]