Actualidade


O mércores 22 de maio, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras a presentación do poemario de Ana López titulado "Dispersión" editado por Endymión. Presentará Olga Patiño Nogueira (poeta e prologuista). O acto contará con acompañamento musical. Este poemario móvese na atmósfera desestabilizadora da bruma, é unha perigrinaxe íntimacoa luz e contra a luz á procura dunha transparencia que perfore a opacidade dunha multitudealienada.Os poemas que compoñen este libro son o fluxo e o refluxo dunha o [...]

Dende a súa instauración no ano 1977 polo Consello Internacional dos Museos (ICOM), Amigos dos Museos de Galicia aproveitamos tal convocatoria de cada 18 de maio para afirmar os fins do noso colectivo arredor desas institucións que poñen a proba o estado cultural dunha colectividade, os Museos. Sempre en devalar, en función da madurez cultural dos pobos e mesmo das novas tecnoloxías, as que deben facilitar un maior acercamento: o museo dos actores fronte ao museo dos esp [...]

O xoves 16 de maio, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 - A Coruña), a presentación do libro "Romanceiro do Pedregal de Irimia" de Xosé Otero Canto, editado por Xermolos e a Irmandade Manuel María, coa colaboración do Concello de Meira. O acto contará coa participación de: Felipe Senén, arqueólogo e escritor Oscar Calvo de Radio Roncudo e Radio Pardiñas Alfonso Blanco Torrado, Coordinador Asociación Xermolos. Xosé Otero Canto, autor. Estades todas e todos convidados.

Desde a Agrupación Cultural O Facho comunicámosvos  a celebración  do seguinte acto, dentro das palestras públicas do segundo trimestre de 2024. O vindeiro dia 14 de maio a profesora e escritora Pilar García Negro, impartirá unha palestra co título: ” Luisa Villalta : Devir galega” Data: 14 de maio, martes Hora: ás 8 do serán Lugar: Portas Ártabras – Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella – A Coruña Pilar García Negro é unha destacada lingüista e profesora ga [...]

Anunciamos que o domingo 12 de maio realizaremos a tradicional xeira ao emporio mineiro e arqueolóxico de AS MÉDULAS. Actividade que realizaremos coñecendo singularidades das terras de Valdeorras, seguindo o Sil, así como desta parte do Bierzo, adentrándose no pasado romano, na Historia, nas lendas, coñecendo novos aportes arqueolóxicos e achados sobre as máis grandiosas minas auríferas da antigüidade. E como sempre non faltará o xantar enxebre berciano. Os que veñan por primeira [...]

O xoves 9 de maio, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras unha nova conferencia do enxeñeiro especialista en simboloxía medieval, José Luis García Dornelas, que nesta ocasión falará sobre os estilos arquitectónicos imperantes en Europa e a súa repercusión na Colexiata de Santa María da Coruña. Ademais, tratará de analizar o simbolismo de dous das súas portadas, rastrexando os seus precedentes noutros lugares e culturas. Esta actividade está enmarcada no “Ciclo Cristianismo e Paganismo na art [...]

O martes 7 de maio, ás 19:30 horas, en Portas Ártabras terá lugar, a presentación da última obra de Xosé Díaz: ‘Autogoberno e sistemas de financiamento. O papel da nación galega’, editado por Laiovento. Actividade organizada por GalizaCultura*. Con esta obra, Xosé Díaz pretende presentar dun xeito resumido as cuestións esenciais que suscitan os sistemas de financiamento no Estado español, centrándonos especialmente nas deficiencias que, desde un punto de vista nacionalista galego, caracterizan o [...]

O xoves 2 de maio, ás 20 horas en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 - A Coruña), terá lugar a conferencia impartida polo museólogo e xestor do conxunto etnográfico Forno do Forte en Buño, Paco Doval. O Ecomuseo é un conxunto formado por antigas casas de familias alfareiras. Estes conxuntos contaban con vivenda, taller, forno, alpendre e cabazo.  O obxectivo principal do museo é expoñer ao público a tecnoloxía e a maneira de vida tradicional dos oleiros de Buño. Aquí ofrécese á persoa visitante [...]

Desde a Agrupación Cultural O`Facho  vos comunicamos a celebración  do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do segundo trimestre de 2024. O vindeiro dia 30 de abril a ensaísta e profesora Aurora Marco impartirá unha palestra co título: “Mulleres no Seminario de Estudos Galegos” Data: 30 de abril, martes Hora: ás 8 do serán Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña Aurora Marco é doutora en Filosofía e Letras (1978), catedrática de Didáctica da Ling [...]