Actualidade


O xoves 20 de xuño, ás 20 horas en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 - A Coruña) terá lugar a conferencia impartida polo arqueólogo Ángel Concheiro titulada: "CASTRO DAS BARREIRAS, VIMIANZO. NA FISTERRA DOS CASTREXOS ATLÁNTICOS". O castro das Barreiras, sitúase na parroquia de San Xoán de Cambeda, no concello de Vimianzo, capital da Terra de Soneira e centro da Costa da Morte. A súa localización, na contorna urbana de Vimianzo e á beira mesma da transitada estrada A Coruña – Fisterra, así como a sin [...]

O xoves 13 de xuño, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras unha nova conferencia do enxeñeiro especialista en simboloxía medieval, José Luis García Dornelas, que falará sobre a historia e evolución dos símbolos cos que o poderoso presentase ante os seus súbditos: coroas, tiaras, mitras, mazas, cetros, varas de mando ou báculos.A charla apoiarase na proxección dun centenar de obras de arte.Esta actividade está enmarcada no “Ciclo Cristianismo e Paganismo na arte”.Entrada libre ata completar a [...]

Está aberta a inscripción a esta xeira excepcional, a que por mor das eleccións europeas cambiamos de data para a súa realización: do domingo 9 de xuño pasará ao sábado 8 de xuño. Trátase dunha excursión cultural diferente polas terras de Castroverde, a Fonsagrada... e os bordos dos Oscos nos meterá en Grandas de Salime, a fin de coñecer intensivamente o seu Museo Etnográfico, referente entre este tipo de centros, obra do saber e a constancia do entrañable "Pepe el Ferreiro", que foi gran amigo [...]

O xoves 6 de xuño, ás 20 horas, Estudio de Teatro Casahamlet presenta en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 - A Coruña), o traballo final deste curso: “Xente de pálida pel”, traballo colectivo de alumnos e profesorado con dirección e dramaturxia de Santiago Fernández e inspirado en textos de Alonso de Santos, Manuel Lourenzo, Álvaro Cunqueiro, Otero Pedrayo, W. Shakespeare, García Lorca… entre outros.A entrada será de balde ate completar o aforo.

O venres 31 de maio, pola mañá realizaremos a visita a Escola de Canteiros (Poio - Pontevedra), con saída única dende o obelisco ás 9:00 e regreso a Coruña arredor das 14:30. Anótate en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 – A Coruña) ou chamando ao teléfono 981 21 01 01, de luns a venres 19 a 21 horas. A finalidade da Escola de Canteiros é conservar e promover un dos oficios máis antigos e nobres de Galicia, o de cantería, para ensinar a arte de traballar a pedra. A Escola desenvolve as súas actividad [...]

O xoves 30 de maio, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 - A Coruña) a presentación de Brandomil. Vila soterrada, un libro ilustrado dos arqueólogos Lino Gorgoso e Abel Vigo que detalla o resultado das recentes escavacións nesta vila do concello coruñés de Zas.Trátase de 20 hectáreas de restos nos que destaca un asentamento urbano romano ocupado de xeito ininterrompido entre os séculos I a V, segundo acreditan as probas de carbono 14 realizadas cos materiais do xacemento. Saír [...]

Está aberta a inscripción para participar nesta singular xeira que se realizará o domingo 26 de maio por terras da Limia, o Val do Salas ,a carón da Serra de Larouco, con atención moi especial ao célebre Couto Mixto coas parroquias de Santiago, Meaus e Rubiás. Territorio privilexiado pola igrexa e os gobernos, para ser microestado independente. Terras de singulares arrieiros, traficantes entre Galicia e Portugal, consevándose a arca de tres chaves que contén os seus previlexios... Viaxe a fin de [...]

O xoves 23 de maio, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras un parladoiro coordinado polo escritor Lois Diéguez titulado "TI, NÓS, PALESTINA". Conversa participativa, reivindicativa do humanismo, arredor dos feitos despiadados e dramáticos que acontecen nese Oriente Fértil, orientación e orixe de tantas cousas, onde mesmo naceu o Verbo, a Lei... que presupón acordos. Cando nada se parece ter aprendido na Historia, despois de tanto andado, por esta nosa sociedade agora adicta ao consumo, esclav [...]

Nesa  continua construción dun almanaque civil global, o que traspapela ao santoral e desconcerta á beatería, dende 1977 o Consello Internacional de Museos (ICOM) estableceu cada 18 de maio como “Día Internacional dos Museos”.  “Días” ideais, como un xeito  de endomingar a cultura, de edulcorala e encápsulala nun folión de fastos. Aproveitarase entón a convocatoria para cavilar no estado da cuestión das novas advocacións. Non cabe dúbida que todo entra nun proceso de cousificación da cultura, so [...]