Actualidade


O xoves 13 de marzo, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras unha nova conferencia do enxeñeiro especialista en simboloxía medieval, José Luis García Dornelas, na que comentará a visión bíblica do establecemento das tribos de Israel na Terra prometida e de como estes acontecementos reflectíronse na arte.A charla acompañarase coa proxección dun centenar de obras de pintura e escultura. Entrada libre ata completar aforo. Actividade enmarcada no ciclo Cristianismo e Paganismo na Arte. Biblia de [...]

Moi da nosa estima: Pola presente informamos que de acordo co Artigo 19º dos Estatutos da nosa entidade e como asociad@ de Amigos dos Museos de Galicia queda convocad@ á: ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DE AMIGOS DOS MUSEOS DE GALICIA que se desenvolverá o xoves, día 6 de marzo de 2025, ás 19,30 horas en primeira convocatoria e ás 20,00 horas en segunda e última no noso espazo de cultura “Portas Ártabras”, na rúa Sinagoga - 22. A Asemblea desenvolverase segundo a seguinte Orde do día: Lectura e aprobac [...]

Está aberta a inscripción para esta xeira, que realizaremos o domingo de Entroido, 2 de marzo. Xeira da aventura na que os asistentes levarán sorpresa tras sorpresa durante toda a xornada, sin saber que lugares e entroido visitarán, que xantar enxebre tomarán, que monumentos complementarán a viaxe… Algo que si terá relación con alguna destas festas primaveráis das máis representativas e impactantes, atrevéndonos a dicir mesmo do mundo: o tradicional entroido galego, expresión da gran riqueza etn [...]

O xoves 27 de febreiro ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras unha moi interesante conferencia da expresidenta da Fundación Risco, Celia Pereira Porto titulada: "PÓR A ALMA ONDE POMOS OS PÉS: O LEGADO DE VICENTE RISCO" Celia falará da custodia do legado de Vicente Risco e da súa familia en Allariz, da súa importancia e tamén do descoñecemento que hai respecto da vida e da obra, 62 anos despois da súa morte. É moito máis, o que se ignora que o que se coñece. Paga a pena (e máis nestes tempos n [...]

Desde a Agrupación Cultural O Facho vos comunicamos a celebración do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do primeiro trimestre de 2025. O vindeiro dia 25 de febreiro, a escritora e académica Marilar Aleixandre impartirá unha palestra co título: Concha Arenal: a muller afouta Data: 25 de febreiro, martes Hora: ás 8 do serán Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña Concha –ela asinaba deste modo– Arenal foi unha das catro pensadoras galegas do [...]

A destrución deses símbolos da identidade galega que son os cruceiros Por Felipe-Senén Cruceiros e hórreos, ambos cunha fonda significación cultural e mesmo relixiosa, son dous dos enxebres tópicos, iconas que identifican Galiza no mapamundi. Algo a ter moi en conta na era da imaxe, e máis dende os poderes públicos, a fin de aplicar sensibilidade e leis que os protexan e dignifiquen Si, alarmante titular o de arriba e puidera selo máis. Os fenómenos meteorolóxicos, o vandalismo, efecto con causa [...]

A espera de publicar as actividades do ano 2025, xa vos podedes inscribir nesta xeira que nos levará por Terras do Carballiño, e Boborás, o Ribeiro das Mimosas, con visita especial ao Castro de San Cibrán das Las, o seu museo, as escavacións arqueolóxicas, para seguir por Astureses, Xurenzás e Castro de Cameixa... entre outros puntos célebres polos seus igrexarios, etnografía, etc... E coma sempre non faltará o xantar enxebre. Dadas as circunstancias actuais é de gran axuda e realizar a reserva [...]

O xoves 20 de febreiro, ás 20 horas en Portas Ártabras (Sinagoga 22, A Coruña) terá lugar unha conferencia impartida polo arqueólogo Tito Concheiro Coello titulada: "A SINGULARIDADE DA CULTURA CASTREXA: CELTAS E GALAICOS". Unha das cuestións que suscita máis debate na arqueoloxía galega é a identificación dos castros prerromanos cos celtas: os asentamentos, os artefactos, entre eles a sorprendente ourivería, torques e arracadas, as descricións das súas costumbres fan da cultura castrexa algo sin [...]

O xoves 13 de febreiro, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras unha nova conferencia do enxeñeiro especialista en simboloxía medieval, José Luis García Dornelas, na que comentará a visión bíblica do establecemento do pobo de Israel na Terra prometida e de como estes acontecementos reflectíronse na arte. A charla acompañarase coa proxección dun centenar de obras de pintura e escultura. Actividade enmarcada no ciclo cristianismo e paganismo na arte. Entrada libre ata completar aforo. Biblia de [...]

O xoves 6 de febreiro, ás 20 horas en Portas Ártabras, terá lugar a conferencia impartida por Carmen García-Rodeja (Asociación Pola Memoria Histórica) e Luis Pérez (Catedrático de Literatura e avogado), titulada: "OS DEPORTADOS CORUÑESES AOS CAMPOS DE CONCENTRACIÓN NAZIS. O CASO DO INTELECTUAL JUAN GONZÁLEZ DEL VALLE". Juan González del Valle González de la Vega, nado na Coruña o 14 de outubro de 1898, escritor e activo político republicano galego, colaborador da revista Alfar, elexido académico [...]