O venres 25 de abril ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras unha palestra organizada por Galiza Sempre e Mar de Lumes titulada: "CHINA, AMEAZA OU ESPERANZA" que contará con Xavier García (xornalista internacional e autor do libro homónimo) e Iria Taibo (Responsábel de Acción Exterior do GP do BNG). "Só desde un coñecemento veraz do que na actualidade é China poderemos abordar a tarefa de que o seu imparable ascenso convértase nun piar fundamental dunha nova orde mundial máis xusta e pacífica [...]
O xoves 24 de abril ás 20 horas en Portas Ártabras terá lugar a presentación de "FEDERICO TAPIA SEGADE (1825 -1891) PRIMEIRO ALCALDE REPUBLICANO DA CORUÑA". O acto contará coa presenza dos seus autores; Ana Romero Masiá e Carlos Pereira Martínez. A obra recolle, a través da vida de Federico Tapia, unha das etapas máis luminosas da cidade da Coruña no século XIX, co trasfondo da revolución de 1868, o Sexenio Democrático, ou a I República e a posterior Restauración. Un período de importante desenv [...]
O mércores 23 de abril ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras a presentación do libro: "AS VELLAS DE MENS" de José Manuel Fernández Pensado, editado por Galaxia. Acompañando ao autor estarán Xosé Manuel Varela, autor do prólogo e docente; Felipe - Senén López Gómez, autor do epílogo, arqueólogo e museólogo; e Xesús Domínguez Dono, director de Produción da Editorial Galaxia. Con motivo da concesión das Letras Galegas 2025 á poesía popular oral, personificada nas cantareiras, José Manuel Ferná [...]
Desde a Agrupación Cultural O Facho vos comunicamos a celebración do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do segundo trimestre de 2025. O vindeiro día 22 de abril, o historiador Carlos Pereira Martínez impartirá unha palestra co título: Luces da heterodoxia: mulleres espiritistas e teósofas en Galicia (1875-1936) Data: 22 de abril, martes Hora: ás 8 do serán Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña Na palestra faráse un percor [...]
Para o sábado 12 de abril, está programada una intensa xeira que nos levará á cidade de Lugo e ao seu entorno, a fin de coñer aspecrtos da orixe romana, entre outros aspectos que fixeron deste punto xeoestratéxico nas ribeiras do Miño na Gallaecia, a capital do convento lucense. Entre moitos outros puntos visitaremos o Museo Provincial de Lugo, o que supón un repaso pola cultura de Galicia: dende a prehistoria á contemporaneidade... así como a Catedral. Un día intenso para coñecer as esencias da [...]
O xoves 10 de abril, ás 20 horas, o enxeñeiro José Luis García Dornelas, especialista en simboloxía medieval, ofrecerá unha conferencia en Portas Ártabras sobre os 600 anos que tardaron as tribos de Israel en chegar á Terra Prometida e como estes acontecementos reflectíronse na arte. A charla irá acompañada da proxección dun centenar de obras de pintura e escultura. Entrada libre ata completar aforo. Placa de esmalte pertencente a unha cruz, do ano 1170 aproximadamente. Consérvase no British Mus [...]
O xoves 3 de abril ás 20 horas en Portas Ártabras, terá lugar a presentación do libro: "CANTOS DE DOR E LIBERDADE" VOCES GALEGAS POR PALESTINA, editado por Tempo Galiza. O acto contará coa participación d@s poetas Eva Veiga, Celso Álvarez Cáccamo, Mario Herrero, Xosé Iglesias, Chisco Fernández Naval, Lois Diéguez... da ilustradora Julia Aguiar e do músico Cesar Morán. Os beneficios deste libro, así como os dereitos de autoría, irán destinados íntegramente ó UNRWA para a axuda humanitaria á poboa [...]
O martes 1 de abril, ás 20 horas e con motivo da celebración nesta xornada de o "Día das Artes Galegas" terá lugar en Portas Ártabras un acto dedicado a repasar audiovisuais sobre a vida, obra, milagres e mesmo sobre o espolio do creador de formas Isaac Díaz Pardo (Compostela 1920 - Coruña 2012). Fillo do escenógrado das Irmandades da Fala, Camilo Díaz Baliño, vilmente asasinado na Guerra civil. Isaac retoma a mensaxe dos seus: colga a pintura de cabalete para, coa axuda de exilados na Arxentina [...]
POR FELIPE SENÉN Dende o 2015 a Academia Galega de Belas Artes celebra cada 1 de abril como “Día das Artes Galegas, neste 2025, dedicado ao creador de formas Isaac Díaz Pardo. Data que rememora as calendas de Abril do 1188, cando o Mestre Mateo, o primeiro celebrado con este “día”, asenta os linteis do Pórtico da Gloria. Díaz Pardo, o eterno insatisfeito, queixábase de que ningún goberno galego fora capaz de recuperar o Seminario de Estudos Galegos : coñecer [...]
O venres 28 de marzo, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 - A Coruña) unha interesante conferencia pronunciada polo gañador da V Residencia Xacobeo para Tradutores/as de Literatura Galega, Inaciu Galán na que nos introducirá á lingua e literatura asturianas hoxe. O acto será presentado por Yolanda Castaño.