Actualidade


O venres 16 de maio, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a palestra: "A REVISTA ALFAREROS SUCESORA DE ALFAR" pronunciada polo impulsor da revista "Alfareros": Pablo Eguren Casal , quen estará acompañado polo escritor José Mª Monterroso Devesa. En 1923 aparece na Coruña a revista “Alfar”, fundada polo cónsul do Uruguai, o poeta Julio J. Casal, a cal alcanzou un grande prestixio por colaborar nela as máis importantes figuras universais da Literatura e das Artes do momento. En 2003 celebrouse [...]

O xoves 15 de maio, ás 20 horas en Portas Ártabras terá lugar a palestra titulada: "TERRITORIOS DE INTIMIDADE: ARTISTAS CORUÑESAS NOS ANOS DO FRANQUISMO, 1939-1975", pronunciada pola licenciada en Historia, critica de arte e comisaria de exposicións, xestora cultural e especialista en coleccionismo e na historia da arte da muller en Galicia, Rosario Sarmiento. Nesta charla faremos un percorrido pola vida e obra das artistas coruñesas que desenvolveron o seu traballo durante os anos do franq [...]

Desde a Agrupación Cultural O Facho  vos comunicamos a celebración  do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do segundo trimestre de 2025. O vindeiro día 13 de maio, o profesor e investigador sobre a música tradicional galega Manuel Rico Verea impartirá unha palestra co título:  Día das letras galegas 2025: A historiografía dos cancioneiros de música tradicional de Galicia Data: 13 de maio, martes Hora: ás 8 do serán Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sin [...]

O domingo 11 de maio, Amigos dos Museos de Galicia realizaremos unha singular viaxe "de autor", a fin de coñecer as Terras de Cortegada de Miño e arredores de Celanova (Castromao, Vilanova das Infantas...). Paisaxes naturais e culturais de fondo valor literario, omnipresentes na obra de Méndez Ferrín, a súa Arnoia, a Milmanda na que revitaliza o ciclo artúrico... Onde recordaremos a Curros e o seu poema A Virxe do Cristal, o seu mito, a súa historia.... Coñeceremos a aldea, a Torre de Vilanova e [...]

Esta xeira realizarase na tarde tarde dun sábado do mes de maio (saída ás 16 horas), polo que os e as intresadas deberan preanotarse.... e , unha vez que o número se complete, avisarase aos mesmos. Actividade que se dedicará a visitar integralmente o histórico Pazo de Oca (A Estrada) (interior e xardíns). O pazo foi rematado no século XVIII, xunto a unha vella fortaleza medieval. Está composto polo propio pazo, a capela e as vivendas dos traballadores. De estilo barroco pertence actualmente aos [...]

O xoves 8 de maio, ás 20 horas, Portas Ártabras acollerá unha nova conferencia de José Luis García Dornelas, enxeñeiro especialista en iconografía medieval. Nesta ocasión, Dornelas explorará a visión bíblica da decadencia e o fanatismo do antigo Israel durante o milenio anterior ao nacemento de Cristo, e de como esta conduta reflectiuse na arte.A charla acompañarase coa proxección dun centenar de obras de pintura e escultura. Entrada libre ata completar aforo. Detalle da miniatura da Biblia ilus [...]

Desde a Agrupación Cultural O Facho  vos comunicamos a celebración  do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do segundo trimestre de 2025. O vindeiro día 6 de maio, o escritor  Rafael Lema Mouzo impartirá unha palestra co título: Costa da Morte, un país de soños e naufraxios Data: 6 de maio, martes Hora: ás 8 do serán Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña Rafael Lema Mouzo (Ponte do Porto - A Coruña) é escritor, com [...]

O luns 5 de maio, ás 19 horas terá lugar en Portas Ártabras a presentación de "ELGAR ENCYCLOPEDIA ON GLOBAL MIGRATION: NEW MOBILITIES AND ARTIVISM". Se trata de unna enciclopedia sobre Migracións Globais, con 200 entradas de 200 autores de todo o mundo. Contaremos coa participación de dúas das editoras, Laura Oso e Natalia Ribas-Mateos e algunhas das autoras do libro. https://youtu.be/Y2aF-tsN-SM?si=Z5MD_qNFtxnlEsh4

O domingo 27 de abril, terá lugar unha xeira para coñecer, de xeito integral, a cidade de Ourense: Museo Arqueolóxico, convento medieval de San Francisco, a Catedral co seu museo, as Burgas, a cidade da Xeración Nós e dos "Artistiñas"... o entorno termal do Miño e arredores, entre moitos outros puntos, interiores ou exteriores, en función do tempo (climatolóxico e cronolóxico). Como sempre teremos moi en conta o xantar enxebre en lugar representativo dunha cidade tan agasalleira como inspiradora [...]

O sábado 26 de abril ás 19:30 horas, terá lugar en Portas Ártabras a HOMENAXE A TITO CALVIÑO E PRESENTACIÓN DO LIBRO A CULPA FOI DE ZËNZAR, un evento máis que agardado, orquestado por Laura Rabizal e Xose Anton Bocixa. Contaremos coa presenza de: Tito Calviño (fillo), Xurxo Souto, Manuel Silveira (12 Labirinto), Antón Papaqueixos, Xosé Bocixa (Zënzar), Gonzalo Grela (Broa) e Laura Romero (Autora) E é que, aínda que vos pareza que non, o rock e punk de Cerceda e arredores non sería o que é sen a [...]