O mércores 4 de xuño, ás 20 horas en Portas Ártabras terá lugar o acto "AMARO, O SANTO NAVEGANTE QUE ATOPOU A ILLA DO PARAÍSO", celebrando o CENTENARIO DA PUBLICACIÓN DA SÚA LENDA, POR UXÍO CARRÉ, NA REVISTA NÓS. Acto organizado por IN NAVE CIVITAS que estará encamiñado polo polifacético (acordeonista, cantante, divulgador cultural, escritor, locutor...) e sempre amigo desta casa, XURXO SOUTO. En 1925, no número 19 da Revista Nós, Uxío Carré publicou "A lênda de San Amaro, o pelengrino", que rec [...]
O venres 30 de maio, ás 19 horas, en Portas Ártabras terá lugar a entrega de premios Literarios do Facho (poesía, teatro infantil e contos de nenos para nenos).
Desde a Agrupación Cultural O Facho vos comunicamos a celebración do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do segundo trimestre de 2025. O vindeiro día 27 de Maio, o animador sociocultural, activista e escritor Francisco Ascón Belver impartirá unha palestra co título: A Coruña, 1901: un retrato a chumbo e sangue. Data: 27 de Maio, martes Hora: ás 8 do serán Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña Francisco Ascón Belver é Experto [...]
O 18 de maio, "Día dos Museos", no espazo de cultura “PORTAS ÁRTABRAS”, Amigos dos Museos de Galicia colectivo pioneiro en Galicia, deu a coñecer o PREMIO PEDRA DO DESTINO que neste ano estimaron conceder ao Museo do Pobo Galego de Santiago de Compostela, pola súa necesidade de ser, constancia e saber nos fíns e na profesionalización destas insitucións. O premio nesta ocasión consistirá na doazón dun gran cartel de cego, orixinal, dos primeiros anos do sc. XX, rescatado no mercado de antiguidade [...]
Podes anotarte a esta intensiva excursión cultural que nos levará ao Sur da provincia de Ourense. Estrada bordando a Vía Nova ou XIX, a que unía Astúrica con Brácara, pasando por Bande… seguindo pola igrexa visigótica de Santa Comba, Entrimo coa súa sorprendente Colexiata barroca…. bordeando a serra do Soajo, o encoro e a aldea de Lindoso cos seus espigueiros, o máis extenso grupo de cabaceiros... e sobre deles o Castelo e a súa historia relacionada co Rei Dinis. Antolóxico paseo polos máis re [...]
O xoves 22 de maio, ás 20 horas en Portas Ártabras terá lugar a conferencia titulada "ESGRAFIADO GALEGO: UN MUSEO AO AIRE LIBRE". Da man da escritora, investigadora e fotógrafa Mar López Sotelo faremos un percorrido polos lugares onde se atopa a máis grande concentración de edificacións decoradas con formas antropomorfas, zoomorfas, vexetais, historiadas... e que forman ise museo, non intencionado, ao aire libre. Entrada libre ata completar aforo. Actividade subvencionada por:
Dende a súa instauración no ano 1977 polo Consello Internacional dos Museos (ICOM), Amigos dos Museos de Galicia aproveita tal convocatoria de cada 18 de maio para afirmar os fins do noso colectivo arredor desas institucións que poñen a proba o estado cultural dunha colectividade, os Museos. Institucións culturais empre en devalar, en función da madurez cultural dos pobos e mesmo das novas tecnoloxías, as que deben facilitar un maior acercamento: o museo dos actores fronte ao museo dos espectado [...]
O venres 16 de maio, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a palestra: "A REVISTA ALFAREROS SUCESORA DE ALFAR" pronunciada polo impulsor da revista "Alfareros": Pablo Eguren Casal , quen estará acompañado polo escritor José Mª Monterroso Devesa. En 1923 aparece na Coruña a revista “Alfar”, fundada polo cónsul do Uruguai, o poeta Julio J. Casal, a cal alcanzou un grande prestixio por colaborar nela as máis importantes figuras universais da Literatura e das Artes do momento. En 2003 celebrouse [...]
O xoves 15 de maio, ás 20 horas en Portas Ártabras terá lugar a palestra titulada: "TERRITORIOS DE INTIMIDADE: ARTISTAS CORUÑESAS NOS ANOS DO FRANQUISMO, 1939-1975", pronunciada pola licenciada en Historia, critica de arte e comisaria de exposicións, xestora cultural e especialista en coleccionismo e na historia da arte da muller en Galicia, Rosario Sarmiento. Nesta charla faremos un percorrido pola vida e obra das artistas coruñesas que desenvolveron o seu traballo durante os anos do franq [...]
Desde a Agrupación Cultural O Facho vos comunicamos a celebración do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do segundo trimestre de 2025. O vindeiro día 13 de maio, o profesor e investigador sobre a música tradicional galega Manuel Rico Verea impartirá unha palestra co título: Día das letras galegas 2025: A historiografía dos cancioneiros de música tradicional de Galicia Data: 13 de maio, martes Hora: ás 8 do serán Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sin [...]