O xoves 8 de xaneiro, ás 20:00 horas, Portas Ártabras acollerá unha nova sesión do ciclo "Paganismo e Cristianismo na arte". Nesta ocasión, José Luis García Dornelas expoñerá un centenar de obras de pintura e escultura para comentar os motivos polos que os Magos de Oriente vanse transformando ao longo dos séculos ata converterse finalmente en Reis. Entrada libre ata completar aforamento. Misal de Salzburgo (Clm 15708 I, fol. 63) que se conserva na BSB de Múnich
O Nadal significa nacemento e represéntase cun Belén, cunha humilde aldea á que acude unha familia buscando fonda… non a atopan, acóllense nun cortello e alí nace unha Esperanza, pregoada no ceo polas estrelas. Alí acoden pastores, gaiteiros, lavandeiras… e mesmo Reis Magos que poñen os pés na Terra cunha mensaxe de Paz. Hai outras fórmulas de celebración a do árbore verde cuberto de brilos e luz, a dun Papa Noel ou dun vagamundos, home do saco, cargado de sorpresas… a Galiza das encrucilladas e [...]
O sábado 20 de decembro terá lugar a xeira especial de fin de ciclo anual 2025. Nesta aocasión para coñecer a cidade de Vigo e os seus museos. Tempo especial que abre ao Nadal e no que a cidade se ilumina de xeito singular, recorrido que faremos ao anoitecer polos lugares máis emblemáticos. Si ben pola mañán veremos o Museo de Quiñones de León en Castrelo, un paseo pola arqueoloxía e a historia da cidade. Outro centro a visitar será o Museo do Mar de Galicia, con canto significa para a historia [...]
O venres 19 de decembro, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 - A Coruña), a presentación do último libro (edición bilingüe) de Emma Pedreira titulado "Inventaria. Poesía reunida 1999 - 2009", editado por Boulevar Libraría - Edicións. Amais da autora, participará no acto Inma Doval Porto (artista multidisciplinar). "O uso dunha ironía claramente mordaz, a creación dunha linguaxe arrequentada e única, así como a innovación lírica son, sen dúbida, os trazos que mellor definen In [...]
Ás 20 horas en Portas Ártabras, Felipe Senén fará un recorrido polo ano 2025, analizando o estado da cuestión do patrimonio cultural galego e dos seus museos e anunciando as actividades que Amigos dos Museos de Galicia levará a cabo no 2026. Ao final terá lugar un convite especial para os amigos asociados a este colectivo de vida ininterrompida dende o ano 1975.
O mércores 17 de decembro, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras un acto organizado polo Ateneo Republicano de Galiciaa no que se presentará o libro de Jesús Ruiz Mantilla "Franco y yo", editado por Galaxia Gutenberg. No acto participarán: Jesús Ruiz Mantilla: Autor, escritor e xornalista en "El País" Cándido Barral Alvarellos: Xornalista Xosé Manuel Pereiro: Xornalista Entrada libre ata completar aforamento. "Tratado como personaje de ficción, con el rigor histórico de la biografía, el puls [...]
Desde a Agrupación Cultural O Facho comunicámosvos a celebración do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do cuarto trimestre de 2025. O vindeiro día 16 de decembro o profesor e investigador Alexandre Peres Vigo impartirá unha palestra co título: “Galaicofobia: o desprezo contra o pobo galego” Data: 16 de decembro, martes Hora: ás 8 do serán Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña Alexandre Peres Vigo (Trasancos, 1982) é un filólogo, historiador e investiga [...]
O xoves 11 de decembro, ás 20:00 horas, Portas Ártabras (Sinagoga, 22 - A Coruña) acollerá unha nova sesión do ciclo "Paganismo e Cristianismo na arte".Nesta ocasión, José Luis García Dornelas proxectará un centenar de obras de pintura e escultura que mostran como os textos apócrifos foron utilizados para completar e engrandecer o conciso relato do nacemento e infancia de Xesús narrado nos escritos "oficiais". Entrada libre ata completar aforamento. Frontal de altar que se conserva no MNAC de Ba [...]
O mércores 10 de decembro, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 - A Coruña) a presentación de "O ECO DAS ONDAS" do profesor, escritor e músico César Morán, editado por Medulia. Xunto ao autor estarán Ramiro Torres (escritor) e Xulio López Valcarcel (editor). O eco das ondas é um livro para navegar pola música, às vezes desde dentro e outras em diferentes perspectivas, tomando a distância sentida em cada instante. Mas falar da música é falar da vida, e é por isso que é sempre p [...]
Desde a Agrupación Cultural O Facho comunicámosvos a celebración do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do cuarto trimestre de 2025. O vindeiro día 9 de decembro o delineante, técnico en xestión teatral e debuxante e humorista gráfico Francisco Oti Rios, Paco Oti, impartirá unha palestra co título: “Tespis, o contexto teatral coruñés”, título do seu libro que tamén presentará no acto. Data: 9 de decembro, martes Hora: ás 8 do serán Lugar: [...]