O sabado 5 de decembro terá lugar esta xeira que nos levará ao longo das terras do Morrazo (orixinariamente programada para o domingo 29 de novembro, data mudada por mor das eleccións). Visitando os petróglifos de Mogor, os acubillos do cabo Udra, o Igrexario do Hío, co seu templo, cruceiro e casa reitoral... e un singular recorrido pola beiramar da Vela até o facho de Donón co célebre santuario galaico romano de Deo Vero Breo, unha divindade indíxena, quizais asociada con Hércules (Briareo na O [...]
Mártir da Lexión Tebana que se expón no Museo de Belas Artes de Vitoria. Foto: José Luis García Dornelas. O xoves 12 de novembro, ás 20:00 , Portas Ártabras acollerá unha nova sesión do ciclo "Paganismo e Cristianismo na arte". Nesta ocasión, José Luis García Dornelas apoiará a súa análise en máis de cen imaxes para desentrañar un fenómeno cultural fascinante: aquel onde a devoción, a superstición, o poder político e o lucro económico entrelazáronse de xeito extremo. Entrada libre ata completar [...]
O vindeiro dia 10 de novembro dentro das Palestras públicas do cuarto trimestre de 2026, organizadas pola Agrupación Cultural O Facho, o historiador e xornalista David Fontán Bestilleiro impartirá en Portas Ártabras unha palestra co título: “Reconstruíndo territorios sustentables. O papel da historia agraria en tempos de crise socioecolóxica” Data: 10 de novembro, martes Hora: ás 8 do serán Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña David Fontán (A Coruña, 1992), ade [...]
O xoves 5 de novembro ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras (Rúa Sinangoga, 22 - A Coruña) unha moi interesante conferencia de Rafael López Loureiro, revitalizador de caveiras no tallado nas cortizas das cabazas, titulada "DE SAMAÍN A HALLOMAÍN, BIOGRAFÍA DUNHA PERVERSIÓN". Rafael fará un percorrido polos últimos 36 anos da historia reciente, dende as orixes da Festa de Samaín no ano 1990, até a actualidade. Entrada libre ata completar aforamento. Actividade subvencionada por:
O mércores 4 de novembro, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras (rúa Sinagoga, 22 - A Coruña) a presentación do libro publicado por Alvarellos "LUZ POZO GARZA 50 POEMAS DE LUZ". Participan no acto: Olivia Rodríguez González (Responsable da edición) Mª Pilar García Negro (Profesora honoraria da UDC) Enrique Alvarellos (Director de Alvarellos Editora) Lectura de estudantes de Literatura Entrada libre ata completar aforamento. Un dos principais desexos de Luz era que a súa poesía puidese chegar [...]
O xoves 29 de outubro ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a presentación de dous libros: "RAMÓN OTERO PEDRAYO, ARREDOR DE SI, 50 ANOS DESPOIS" E "RAMÓN E O PINSAPO MÁXICO" de Paco López-Barxas, con ilustracións de Siro e Xosé Cid, ámbolos editados por Teófilo. Acompañarán ao autor Olivia Rodríguez, Siro e Felipe - Senén No marco do Ano Oteriano e do 50.º aniversario do pasamento de Ramón Otero Pedrayo (1976–2026), o escritor e xornalista Paco López-Barxas presenta en Portas Ártabras dúas o [...]
O domingo 25 de outubro realizaremos unha xeira especial pola Ribeira Sacra ourensán, seguindo o curso do río Miño: Luintra terra dos afiadores, o grandioso mosteiro de Santo Estebo de Ribas de Sil, o eremitorio de San Pedro de Rocas, núcleo da primeira cristianización ... Casdemiro, Patria do Padre Feixoo e os Peares, punto de confluencia e unión entre os ríos Miño e Sil... e moito máis do que o outonal tempo climatolóxico e cronolóxico nós permita. Días da castañeira que abren aos Magostos e a [...]
O venres 23 de outubro ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a presentación de "RUMIANDO. As ovellas fixéronme pastora", libro de Josebe Blanco Álvarez. Amais da autora participará no acto Celia Pereira Porto. Josebe Blanco, aínda que galega de nacemento, sempre viviu en Euskal Herria. Antes de incorporarse ao rabaño, traballaba como profesora de eúscaro. Despois dunha excedencia decidiu quedarse na casa a traballar e, xunto coa súa familia, leva doce anos formando parte dun rabaño de ovella [...]
O xoves 22 de outubro, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras unha moi interesante conferencia pronunciada polo historiador e escritor Carlos Méixome arredor da figura de Dona Emilia Pardo Bazán e as Terras do Carballiño. Amais, Carlos aproveitará a ocasión para presentar seu libro "Polo avieiro de Dona Emilia" editado por Galaxia. Avieiro, hidrotopónimo nacido da farturenta creatividade de Emilia Pardo Bazán, fundindo de Avia e Arenteiro, sérvelle ao autor para imaxinar o seu propio e difus [...]
O xoves 15 de outubro ás 20:00 terá lugar en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 - A Coruña) a presentación de "MINIATURAS E OUTRAS DIMENSIÓNS" de Xosé María Álvarez Cáccamo, libro editado por Galaxia. Amais do autor, o acto contará coa poeta Eva Veiga. Esta colección de relatos organízase en dúas unidades, onde os formatos reducidos das “Miniaturas” contrastan cos máis extensos do apartado “Outras dimensións”. O tempo comprimido das “Miniaturas” expándese no proceso de reinterpretación de motivos mít [...]