
O xoves 30 de xullo ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22 – A Coruña) unha moi interesante conferencia pronunciada por Pablo Pelluz, pintor, escultor, Doutor en Belas Artes pola UCM e profesor da Universidade Adema-UIB (Mallorca), titulada “O SILENCIO ROTO DO PINTOR CORUÑÉS FRANCISCO TORRÓN”.
Francisco Torrón Durán (A Coruña,1934 – Madrid, 2020). Na súa maioría de idade decidiu realizar Belas Artes na Real Academia de Belas Artes de San Fernando de Madrid (1952). Tempada que coincide con artistas como Antonio López, María Moreno, Xaime Quessada, Felipe Criado, Manuel Alcorlo… e profesores Eduardo Capa, Luis Mosquera e os irmáns Zubiaurre.
Finalizados os seus estudos entrou como restaurador do Patrimonio Nacional no Palacio Real. Formou parte da corrente artística coñecida como realismo madrileño ou realismo máxico dos sesenta e setenta.
Realizou grandes labores de restauración destacables no Palacio Real, o Mosteiro del Escorial ou no das Descalzas Reais de Madrid (traballo polo que se lle outorgou a medalla da UNESCO).
A súa produción artística cobra madurez a partir dos oitenta, sendo identificativos os seus bodegóns de cores terra, naturezas mortas, cristalería e sobre todo retratos. Unha pintura moi solta de forte pincelada cunha atmosfera envolvente. No ano 2007 foi nomeado Académico das Belas Artes pola Real Academia Galega das Belas Artes.
A impronta de Francisco é de gran valor cultural tanto na restauración como na obra artística. Grazas ao seu labor de restauración podemos seguir vendo obras expostas en museos ou mosteiros de artistas como Lucas Jordán ou Gregorio Fernández…. Mentres que na súa obra artística legou un gran número de obras expostas en museos, fundacións ou galerías. Creador e humanista que levou moi prendida no seu corazón, á Coruña, a súa orixe atlántica, galega, doando agora unha significativa obra súa para a Academia Galega de Belas Artes.

Actividade subvencionada por:
