O domingo 26 de xullo terá lugar esta xeira que nos levará a Piornedo dos Ancares, entre outros puntos de interese biolóxico e etnográfico de tan significativa serra, repartida entre Asturias, León e a Galiza. Deténdonos en Navia de Suarna, de seguido nos dirixiremos a Piornedo, onde visitaremos tan característica aldea, as súas pallozas, pervivencia etnoarqueolóxica castrexa. Punto no que teremos o máis enxebre xantar montañés. Continuará o noso itinerario cara terras de Cervantes e Castelo de Doiras. Unha moi entretida xornada de montaña, entre veigas, ríos, alturas…. cavilada tamén para fuxir dos días calurosos do verán.
Podes anotarte entón en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 – A Coruña) ou chamando ao teléfono 981 21 01 01, de luns a venres 19 a 21 horas.

