O venres 19 de xuño ás 20:00 horas, terá lugar en Portas Ártabras (Rúa Sinangoga 22 – A Coruña) a presentación do poemario “Tríade” de Francisco Vázquez Chantada, editado por Toxosoutos.
Amais do autor o acto contrará coas intervencións de:
- Felipe -Senén (Museólogo)
- Francisco Xabier Vázquez (Autor)
- Jesús ArtÉxtasis (Artista)
- Susana de Lorenzo (Soprano)
Tríade é un proxecto de evolución poética, que abarca unha década de creación, a través de tres poemarios escolmados.
Dende “A forza das cousas” (1996): poesía que atende o cotián, o ritmo vital dos días e das cousas. Em ” A historia que sabemos é vivir” (2000), os poemas acadan un perfil intimista. Vestixios que falan de periplos sentimentais e do mundo. Ata os que marcan un cambio de estilo, máis conciso e incisivo, en “De a diario e de leóns” (2006). Hai nestes poemas breves unha formulación imperativa que conclúe os versos.
Entrada libre ata completar aforamento.
